"O Feijóo que remataría co paro en 45 días di agora que Rajoy acabará coa crise financeira internacional"

"O Feijóo que remataría co paro en 45 días di agora que Rajoy acabará coa crise financeira internacional"

"O Feijóo que remataría co paro en 45 días di agora que Rajoy acabará coa crise financeira internacional"

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, ven de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias nas que reclama á Xunta que presente os estudos que levaron a Feijóo a anunciar que Rajoy podería rematar coa crise financeira internacional.

Así o dixo logo de que o presidente da Xunta afirmara nun medio de comunicación que a suposta chegada de Rajoy á Moncloa sería a solución á crise financeira internacional e si esta afirmación “resposta ao seu compromiso ético de dicir a verdade aos galegos e galegas”.

Tamén esixiu á Xunta que explicara qué volume ten a dobre contabilidade da Xunta de Galicia, así como os gastos sen contabilizar, os pagos pendentes ou a débeda encuberta do goberno galego.

Así o dixo logo de que o presidente da Xunta “recoñecera que existe dobre contabilidade en concellos e comunidades autónomas e mesmo gastos sen contabilizar, que algúns concellos teñen mais do 250 por cento de débeda pública ou existen pagos pendentes desde fai anos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar