O exemplar proceso de elección do Secretario Xeral culmina no Congreso Extraordinario do 29 de setembro

O exemplar proceso de elección do Secretario Xeral culmina no Congreso Extraordinario do 29 de setembro

O exemplar proceso de elección do Secretario Xeral culmina no Congreso Extraordinario do 29 de setembro

A Comisión Electoral do PSdeG-PSOE, vistos os resultados definitivos do escrutinio xeral da Consulta á militancia sobre os precandidatos á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE, celebrada o pasado 7 de setembro, acordou proclamar precandidato á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE a José Ramón Gómez Besteiro.

 

O reconto definitivo elevou a participación a 7.224 dos 11.323 militantes dos que constaba o censo de electores, quedando así a porcentaxe de participación nun 64%. A abstención foi do 36%, xa que 4.099 militantes decidiron non exercer o seu dereito a voto. Houbo 10 votos nulos e 207 en branco.

 

Os votos obtidos pola candidatura gañadora, de José Ramón Gómez Besteiro foi de 5.542, un 77% dos votos. A de José Manuel Vázquez obtivo o 20%, con 1.465 papeletas.

 

Por provincias, na Coruña votaron 2.369 militantes, un 60%. 1.736 (74%) o fixeron pola candidatura de Besteiro e 524 (22%) pola de Vázquez. En Lugo, votaron 1.822 militantes, acadando o 78% de participación. Gómez Besteiro obtivo 1.756 votos (96%) e Vázquez 48 (2,63%). En Ourense a participación foi do 63%, e votaron 945 militantes, dos que 575 optaron por Besteiro (61%) e 328 por Vázquez (35%). En Pontevedra votaron 2.088 (60%), Besteiro foi a opción de 1.475 militantes (71%) e Vázquez obtivo o apoio de 565 (27%).

 

A Comisión Electoral, presidida polo Secretario de Organización, Pablo García, salientou que non se tivera producido ningunha incidencia así como tampouco se tiña presentado reclamación ou recurso ao escrutinio provisional.

 

Confeccionada a acta definitiva, o proceso de Consulta para a elección de precandidato á Secretaría Xeral deixa á vista o grado de madurez da militancia, que demostrou cun alto grado de participación o seu interese por un modelo de consulta pioneiro dentro do Partido Socialista e que non conta con precedente no sistema de partidos en España. Tamén resultou exemplar o comportamento das candidaturas, que souberon contrastar as súas posicións desde o respecto e a transparencia.

 

 

CONGRESO EXTRAORDINARIO O VINDEIRO DOMINGO, 29 DE SETEMBRO

 

O proceso de proclamación de José Ramón Gómez Besteiro como Secretario Xeral do PSdeG-PSOE culminará no Congreso Extraordinario que os socialistas galegos convocaron para o vindeiro domingo, día 29 de setembro.

 

As eleccións do pasado sábado, día 7, serviron tamén para a elección dos 607  delegados e delegadas das agrupacións locais que participarán nesta cita dos socialistas galegos na que ademais de ratificar ao Secretario Xeral, escollerase á nova Comisión Executiva Nacional Galega e renovarase aos membros das Comisións de Ética e de Control Económico.

 

 

32641281A

Deixar a resposta

Pechar