O emprego, os sectores produtivos e a defensa dos servizos públicos, prioridades da acción parlamentaria dos socialistas galegos

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, situou hoxe a defensa do emprego, dos sectores produtivos e dos servizos públicos de calidade como prioridades da acción parlamentaria dos socialistas galegos.

Así o dixo logo da sesión constitutiva do Pleno do Parlamento que tivo lugar hoxe na que os deputados e deputadas socialistas prometeron o seu cargo e a luguesa Concepción Burgo López foi escollida vicepresidenta segunda da Mesa.

O responsable socialista salientou a “ilusión e ganas de traballar a favor dos intereses dos cidadáns e cidadás de Galicia” nunha lexislatura que comeza, dixo, dunha forma “razoable, cun acordo entre os grupos da oposición para ocupar as posicións que nos corresponden na vida Parlamentaria” e coa vista posta xa no debate de investidura.

Sinalou que os socialistas galegos traballarán con “decisión, interese e eficacia” para “levar ao Parlamento os intereses e problemas do conxunto da cidadanía de Galicia” cunha serie de iniciativas parlamentarias presentadas a partir de hoxe. Anunciou unha serie de iniciativas de control e “sobre todo de impulso” dirixidas a “mellorar a situación do emprego e dos sectores produtivos e a reivindicar uns servizos públicos de calidade”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar