O emprego e a defensa dos servizos públicos serán os eixos campaña electoral do PSdeG

O emprego e a defensa dos servizos públicos serán os eixos campaña electoral do PSdeG

O emprego e a defensa dos servizos públicos serán os eixos campaña electoral do PSdeG

O PSdeG centrará a súa acción na campaña electoral de cara ás eleccións municipais en ofrecer solucións aos problemas dos cidadáns en cada un dos concellos, pero tamén en cuestións comúns como a promoción da creación de emprego e o fortalecemento dos servizos públicos, con especial atención ás políticas sociais. Así o adiantou o secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, tras manter unha xuntanza cos máximos representantes das Executivas Provinciais, e antes da constitución do Comité Electoral.

García sinalou que ambas xuntanzas “marcan o inicio dun período intenso de traballo periódico de cara aos vindeiros comicios” que completa o xa avanzado coa celebración da Convención Municipal e coa designación de candidatos en boa parte dos concellos.

O secretario de Organización salientou a importancia destes comicios para cada un dos concellos galegos “dado que deles dependen gran parte dos elementos que definen o benestar dos cidadáns” e tamén polo “contexto social e económico no que se van producir”.

Así, enmarcou a estratexia socialista en “ofrecer solucións singulares e específicas para cada municipio” pero tamén en “propostas comúns para resolver problemas como o desemprego”.

García apuntou que os socialistas afrontarán a campaña cun triple reto: revalidar as preto de cen alcaldías gobernadas polo PSdeG na actualidade, incrementando o número de concelleiros e concelleiras; consolidar o goberno nas deputacións da Coruña e Lugo e acadar as deputacións de Ourense e Pontevedra; e fortalecer a alternativa socialista ao Goberno de Feijóo, que demostrou nestes dous anos que é “incapaz de resolver os principais problemas de Galicia”.

Neste punto afirmou que os datos demoscópicos máis recentes confirman a revalidación das alcaldías socialistas das grandes vilas e cidades galegas, o que suporía consolidar as deputacións da Coruña e Lugo e aumentar as posibilidades de acadar o goberno nas de Ourense e Pontevedra.

Pablo García adiantou que o PSdeG culminará nas próximas eleccións municipais un amplísimo e ambicioso proceso de renovación que se iniciou fai catro anos, nas listas das municipais de 2007, e que superará agora o 75% con relacións as candidaturas que se presentaron ás eleccións do 2003.

Programa Marco
Pablo García adiantou que o PSdeG elaborará un Programa Marco, que partirá das conclusións da Convención Municipal celebrada o pasado mes de novembro, e se completará coas conclusións dunha serie de foros que se desenvolverán en distintas cidades nos vindeiros meses.

Este Programa Marco incluirá as principais liñas de actuación dos candidatos e candidatas do PSdeG, que estarán centradas en “promover a creación e promoción do emprego, fortalecer os servizos públicos municipais e as políticas sociais, e situar aos cidadáns no centro da atención política”, explicou García.

“O noso obxectivo é preservar o sistema de benestar e ser a voz reivindicativa dos cidadáns na defensa dos seus dereitos esenciais”, sinalou.

Avanzou ademais que a confección definitiva das listas electorais culminará coa celebración do Comité Nacional Galego, previsto para o 26 de febreiro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar