O discurso de investidura de Feijóo é unha "estafa"

O discurso de investidura de Feijóo é unha "estafa"

O discurso de investidura de Feijóo é unha "estafa"

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, cualificou de “estafa” o discurso do candidato do PP á presidencia da Xunta. Logo da intervención desta mañá, comparou a Feijóo con Victor Lustig, o estafador checo que quixo vender a Torre Eiffel en dúas ocasión a principios do século XX, ao agochar que Galicai está hoxe nunha situación socioeconómica “moito peor que hai catro anos”.

 

Salientou que o candidato do PP utiliza as dificultades orzamentarias para “encubrir un ataque fortísimo aos servizos públicos esenciais –á sanidade, educación e políticas sociais- que non lles quere contar aos galegos e galegas”. Dixo que esta estratexia prepara “un país con mais desemprego, mais pobre, desestruturado e polarizado socialmente, onde as persoas con mais dificultades estarán cada vez mais solas”.

 

O responsable socialista confesou ter “unha sensación de déjà vu” cun discurso no que tentou de obviar que xa gobernou durante a pasada lexislatura. Acusou así a Feijóo de despregar “moita retórica e ningunha solución; moitas mentiras, medias verdades e manipulacións”.

 

Neste sentido aludiu á intervención de Feijóo para sinalar que “dicir que os tribunais avalaron o decreto do galego é faltar á verdade”. Engadiu que “amosarse a favor dun pacto pola blindaxe dos servizos públicos esenciais é pura e simplemente falso” e lembrou o voto en contra á iniciativa socialista neste sentido, mesmo “impedindo debatelo como Proxecto de Lei para debater emendas”.

 

Finalmente, cualificou de “indecencia” que “se arrogue a paternidade política intelectual” da Comisión de Investigación sobre as caixas cando o PP rexeitou a solicitude dos socialistas hai mais de un ano e “recorrentemente impediu despois que se volvera debater”.

 

Solvencia

 

Losada criticou que a palabra mais repetida do discurso de Feijóo fora “solvencia” e falar de teito de gasto, “dous termos que agochan a concepción mercantilista da política que agocha os procesos de redución e privatización dos servizos públicos”. Criticou tamén que fale de redución de impostos e déficit cero cando non hai financiamento privado.

 

Esta estratexia, explicou, “condena aos cidadáns mais dependentes da sanidade, da educación, da política social, da dependencia, a mais dificultades e mais pobreza e constrúe unha sociedade mais fragmentada”.

 

Advertiu a contradición dun discurso no que elude o incremento de ingresos fiscais baseado nun escenario económico falso, prevendo unha suba do PIB –cando a previsión é unha caída do 1,5 por cento en todo o Estado- e prevea unha caída do paro irreal. Salientou que “o teito de gasto está construído polo tanto nun escenario macroeconómico que non ten nada que ver coa realidade”.

 

Lamentou así que o candidato do PP eludira falar de “modificacións fiscais que leven a quen ten mais a aportar mais para saír da crise, co que de novo aboca a unha sociedade dual na que a uns a crise non lles afecta e vailles cada vez mellor mentres os demais están cada vez peor”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar