O director xeral da CRTVG responsabiliza aos xornalistas do enfoque das novas sobre carrexo de votos no PP e di que o único que fai el é “garantir o equilibrio e evitar interpretacións”

crtvgOs socialistas galegos denunciaron hoxe no Parlamento a escasa visibilidade nos telexornais da CRTVG de temas como o carrexo de votos no Partido Popular de Lugo ou os casos de corrupción nos que está implicada a formación liderada por Alberto Núñez Feijóo.

En dúas preguntas en comisión do PSdeG, feitas polas deputadas Concepción Burgo e María Quintas, os socialistas criticaron o “sesgo ideolóxico” dos informativos da CRTVG, pero o director xeral do medio, Alfonso Sánchez Izquierdo, responsabilizou aos xornalistas do enfoque dos mesmos e asegurou que el limítase a “garantir o equilibrio e evitar interpretacións”.

Concepción Burgo lembrou o caso do delito electoral derivado do carrexo de votos en Lugo, no que está implicado o ex presidente provincial do PP, José Luis Iravedra, así como as declaracións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nas que dubidaba de que se puidese falar de irregularidades. “Os telexornais agocharon este tema”, lamentou a socialista.

Pola súa parte, María Quintas criticou que nos casos de corrupción, como o referido ao PP de Ourense, “os medios públicos non inclúen as siglas cando afectan ao Partido Popular”, pero Izquierdo negouno e insistiu na imparcialidade da CRTVG.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar