O desleixo do Goberno leva a Ría de Ferrol a un "estado lamentable"

O desleixo do Goberno leva a Ría de Ferrol a un "estado lamentable"

O desleixo do Goberno leva a Ría de Ferrol a un “estado lamentable”

O deputado socialista José Manuel Pérez Seco dixo hoxe que o “desleixo” do Goberno galego é o causante do “estado lamentable” da Ría de Ferrol, por mor dun “deficiente saneamento”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral sobre a situación “dun dos estuarios máis contaminados de Galicia, con varias zonas de exclusión”.

Considerou “insuficientes” as medidas por parte do goberno galego para o saneamento da Ría, unidas a outras iniciativas que “non funcionan, co que as deficiencias agrávanse cada vez máis”. Referiuse así á ineficacia dos cambios no modelo de explotación, permitindo comercializar o marisco recollido en zona C logo de pasar un período de depuración noutra zona acaída.

A realidade é que “o marisco perde calidade e prezo, e a elevada mortandade ten que ser asumida polas confrarías de Ferrol e Barallobre, poñéndoas no abismo económico”, co que “as persoas que dependen dela economicamente vén perigar o seu emprego e mesmo teñen que enfrontarse a responsabilidades que en ningún caso son súas”.

Advertiu así que “a zona de libre marisqueo leva sen descanso dende hai oito anos, co conseguinte esgotamento dos recursos, e a zona B precisa urxentemente dunha rexeneración, así como de arado e de traslado”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar