O desleixo de Feijóo provocou que Galicia fora a terceira autonomía con maior crecemento do desemprego

O desleixo de Feijóo provocou que Galicia fora a terceira autonomía con maior crecemento do desemprego

O desleixo de Feijóo provocou que Galicia fora a terceira autonomía con maior crecemento do desemprego

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, criticou que o desleixo amosado por Feijóo en relación ás medidas de emprego “provocou que Galicia fora a terceira autonomía con maior crecemento do desemprego no último ano”. Así o dixo logo de coñecer as últimas cifras da EPA relativas a Galicia.

O responsable socialista trasladou unha valoración “fondamente negativa” destas cifras e esixiu ao presidente da Xunta “traballo proactivo para a creación de emprego” e que “non abandone en ningún caso as medidas de apoio social aos afectados e afectadas”. Advertiu das “nefastas consecuencias” da redución de servizos públicos esenciais e gasto social do Goberno de Feijóo xa que hai 70.000 fogares con tódolos membros en paro.

Sinalou que estes datos reflicten o fracaso das políticas de emprego de Feijóo, xa que en Galicia aumentou o paro en 23.000 persoas en relación co trimestre anterior, un aumento do 11,32 por cento fronte ao 4,55 do conxunto de España, o que supón 2,5 veces mais. En definitiva, explicou que hoxe temos en Galicia “65.000 parados mais que cando Feijóo chegou”.

En canto á cifra de ocupados, sinalou que esta descendeu en 12.500 persoas en relación co trimestre anterior, co que no período de goberno de Feijóo a poboación ocupada descendeu en 87.800 persoas en Galicia, unha diminución do 7,5 por cento fronte ao 4,9 por cento que descendeu no conxunto do Estado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar