O desleixo de Feijóo fai que Galicia teña 55.000 mozos e mozas no paro

O desleixo de Feijóo fai que Galicia teña 55.000 mozos e mozas no paro

O desleixo de Feijóo fai que Galicia teña 55.000 mozos e mozas no paro

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, advertiu hoxe que o goberno de Feijóo mantívose “ausente” durante os últimos 3 anos, nos que non presentou ningunha iniciativa de impulso do emprego xuvenil. A consecuencia, dixo, é que a taxa de paro xuvenil roza o 40 por cento, con 55.000 mozos e mozas desempregados, 27.000 deles con titulación universitaria.

Pachi Vázquez clausurou hoxe en Culleredo unha xornada de debate sobre educación, economía e emprego organizada polas Xuventudes Socialistas de Culleredo, Santiago, Ferrol, Betanzos e Narón, e á que tamén asistiu o alcalde da localidade, Julio Sacristán. Nesta xornada analizaron tamén o papel da mocidade na sociedade e no tecido laboral galego, así como o papel do partido como medio para elaborar e comunicar propostas.

Criticou que a Xunta, grazas á xestión de Feijóo, ten reducido as políticas activas de emprego de 1.000 a 300 euros por parado ao ano. Apuntou que “hoxe estamos a traballar mentres outros andan de turismo por Andalucía”, en alusión á viaxe desta fin de semana do presidente da Xunta á presentación do candidato do PP nesta Comunidade Autónoma.

Pachi Vázquez sinalou que, malia o desleixo amosado polo Goberno galego, é posible tomar iniciativas a prol do emprego xuvenil, como ven de demostrar o Goberno do País Vasco, que tendo un paro do 11,2 por cento, a metade do galego, ven de aprobra un Plan de Emprego Xuvenil con 320 millóns de euros para incentivar as políticas de emprego.

O líder socialista amosou a súa “satisfacción” polo traballo dos mozos e mozas socialistas que dedicaron a súa fin de semana a traballar na busca de solucións e “escribir o presente e mailo futuro entre todos e todas”. Considerou “motivador” que as xuventudes socialistas poñan en marcha esta xornada mentres o goberno galego “demostra que non ten alternativa”.

Na clausura da xornada, tanto Pachi Vázquez como os representantes das xuventudes socialistas acordaron propoñer un modelo de formación que garanta a cualificación de mozos e mozas desempregados que abandonaron prematuramente o sistema educativo. Tamén defenderon un modelo de partido “atractivo para a xuventude” fomentando a súa participación na toma de decisións.

Congreso

O líder socialista considerou “enriquecedor” que o PSdeG-PSOE posibilite que “calquera compañeiro estea no seu pleno dereito de presentar unha candidatura” ao Congreso que se celebrará os próximos 10 e 11 de marzo en Santiago. En resposta ás preguntas dos xornalistas, dixo que “a nós non nos preocupa que haxa listas alternativas porque non somos o PP, que deixa o partido e a Deputación de Ourense en herdanza de pai a fillo”.

Pachi Vázquez amosouse hoxe “motivado e ilusionado” para afrontar o Congreso como vía  para “buscar solucións aos problemas da xente”. Chamou a “non dramatizar” que se presente unha lista alternativa porque “os congresos son para presentar listas”, e engadiu que “si a hai será positivo e, si non, algún motivo haberá”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar