O desleixo da Xunta sitúa ao sector do leite galego "nun dos momentos mais difíciles da súa historia"

O desleixo da Xunta sitúa ao sector do leite galego "nun dos momentos mais difíciles da súa historia"

O desleixo da Xunta sitúa ao sector do leite galego "nun dos momentos mais difíciles da súa historia"

157vacaO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, denunciou hoxe o “desleixo, descoñecemento e incompetencia” demostrados polo goberno galego cara ao sector do leite. Dixo que este é o motivo polo que o sector atravese “un dos momentos mais difíciles da súa historia” un mes despois da desaparición das cotas lácteas.

O desinterese amosado polo goberno galego para desenvolver e garantir o denominado “paquete lácteo” recomendado pola UE para protexer aos produtores de leite fronte á liberalización do mercado ten situado aos produtores galegos, os mais importantes do Estado, nunha situación de debilidade fronte á industria.

Os produtores galegos teñen que afrontar este momento de transición cos prezos por debaixo do custe de produción e cunha caída importante da produtividade provocada polas ameazas de supertaxa que lles trasladou a conselleira de Medio Rural.

García advertiu así que os produtores están “abandonados pola Xunta” fronte á coacción da industria, que se nega a asinar contratos con prezos estables a un ano, e regalando o 40 por cento do leite a 0,2 céntimos o litro e outro tanto a 0,27. Ao mesmo tempo, sofren unha “deslocalización incrible” coa mesma empresa comprando o leite á vez oito céntimos mais barato en Galicia que en Andalucía.

A falla de previsión do goberno galego, alertado desta situación fai como mínimo un ano, deixa aos produtores ao albur dunha liberalización á que o resto dos países do entorno comunitario acceden co Paquete Lácteo totalmente desenvolvido.

Comparecencia

O responsable socialista presentou a solicitude de comparecencia do presidente da Xunta para dar conta do incumprimento do dito Paquete Lácteo en Galicia. Neste sentido, reclama que explique “as xestións realizadas coa figura do mediador” entre produtores e industria que o presidente da Xunta está a anunciar pero que “ninguén o veu por ningún lado”.

Pablo García puxo en dúbida a existencia do dito “persoeiro que o presidente da Xunta di coñecer”, polo que presentou unha iniciativa desafiando ao goberno galego a trasladarlle a ese suposto profesional a intervir nos casos de fraude de lei entre produtores e industria. Mesmo reclamou a súa comparecencia en sede parlamentaria “para dar conta das actuacións levadas a cabo e das que pensa desenvolver”.

Axudas da PAC

O portavoz de Agricultura presentou tamén unha interpelación para esixirlle ao goberno galego que garanta o proceso de solicitude de axudas da Política Agraria Común, que os gandeiros galegos están a ser incapaces de cumprir polo mal funcionamento da plataforma informática que as xestiona.

Dixo que os problemas á hora de facer as solicitudes fixo “imposible” cumprir co prazo orixinal de un mes entre o 1 de marzo e o 15 de maio, obrigando a ampliar a data ata o 15 de xuño, xa que ata o momento tramitáronse menos do 15 por cento das 30.000 solicitudes que se viñan realizando en Galicia.

García sinala que a situación caótica fai imposible que se poida superar dita cifra, e advertiu que o retraso nas solicitudes por motivos totalmente alleos aos gandeiros está a retrasar mesmo acceder aos anticipos destas axudas, en moitos casos fundamentais para manter a súa actividade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar