O desleixo da Xunta obriga a cotizar en Francia a mariñeiros galegos en buques de armadores propios abandeirados naquel país

O desleixo da Xunta obriga a cotizar en Francia a mariñeiros galegos en buques de armadores propios abandeirados naquel país

O desleixo da Xunta obriga a cotizar en Francia a mariñeiros galegos en buques de armadores propios abandeirados naquel país

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, lamentou hoxe o “fracaso” da Xunta de Galicia e do goberno central á hora de solucionar a situación dos mariñeiros galegos en buques de armador galego pero baixo bandeira francesa. No debate dunha pregunta socialista en Comisión, a Xunta recoñeceu que estes tripulantes terán que cotizar no sistema de Seguridade Social francés.

O parlamentario socialista lamentou que os gobernos central e autonómico fracasaran á hora de conseguir un convenio bilateral co país veciño para buscar unha solución legal aos 530 tripulantes de máis de 50 embarcacións dos portos de Vigo, Marín, Coruña, Cedeira, Celeiro e Burela. Estes traballadores teñen que darse de alta progresivamente no país veciño, deixando de cotizar en España e renunciando á súa cobertura laboral.

Esixiulle ao goberno galego que “resolva canto antes unha situación difícil para unha importante cantidade de barcos galegos con traballadores galegos pero abandeirados en terceiros países”, aos que de aplicárselles o Regulamento 883/2004 da UE, deberían poder cotizar no seu país de orixe, pero ao non aplicarse teñen que responder da normativa laboral do país de bandeira.

Ría de Ferrol

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, criticou ademais o anuncio do goberno galego para encetar un “suposto Plan de Rexeneración do Marisqueo” para a Ría de Ferrol que resulta “irrisorio e ineficaz”. No debate dunha pregunta oral en Comisión, o responsable socialista advertiu que o Goberno agardou á campaña electoral para repartir “esmola” entre os mariscadores.

Val Alonso explicou que o Plan anunciado polo goberno galego vai supor repartir 65.000 euros a través de 2.600 capachos de mexillón entre os 500 mariscadores afectados pola grave situación desta Ría. A conclusión será que cada mariscador retirará 5 capachos de mexillón, por un custe de 25 euros cada un, supón 125 euros por mariscador, explicou.

O responsable socialista criticou o modelo do goberno galego e esixiulle a “asumir responsabilidades e dicir as cousas como son”, ao renunciar ao modelo proposto polo goberno de Touriño, que prohibía extraer marisco de zonas C a cambio de pagarlle aos mariscadores por labores de rexeneración da Ría.

O goberno de Feijóo “considerou que aquel modelo era caro” e permitiulle aos mariscadores extraer bivalvos de “zonas C” para reinstalalo en bateas e, logo dunha temporada dedepuración, comercializalo. Advertiu que supón “un modelo arriscado que pon no mercado un produto de moi baixa calidade”, e que fai que os traballadores “teñan que pagar eles a súa propia incompetencia”.

Prácticas arriscadas

Sinalou que permitir o marisqueo Ría de Ferrol presenta prácticas arriscadas, nas que unha liña administrativa separa zonas B de zonas de exclusión, co que “un mesmo barco pode ter por babor unha zona B e extraer molusco e por estribor unha zona de exclusión”.

Esta situación deu co patrón maior, o secretario, o biólogo e o responsable da pesaxe e control da Confraría de Barallobre detidos por un suposto delito contra a saúde pública por comercializar marisco extraído en zonas prohibidas. Criticou que o goberno galego teña eludido defender aos mariscadores, responsabilizándoos da súa situación.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar