O desemprego evidencia o fracaso do modelo económico e social de Feijóo

O desemprego evidencia o fracaso do modelo económico e social de Feijóo

cola-del-paroA viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, dixo hoxe que os datos de desemprego de Galicia evidencian “o fracaso do modelo económico e laboral de Feijóo”. Así o dixo logo dos datos de EPA e paro rexistrado, que evidencian que en Galicia medra o desemprego e destrúense postos de traballo por enriba da media estatal.

A deputada socialista desacreditou a proposta de Feijóo de situar o desemprego en Galicia por debaixo do dez por cento a través dun Plan Estratéxico que sinalou como “un power point máis propio de Antoñita la Fantástica que dun goberno serio”. A realidade é que Galicia perdeu todo o diferencial económico positivo co Estado mentres Feijóo persiste en sinalar un suposto “camiño da recuperación” que non existe.

Gallego sinalou que a situación económica “responde á baixada dos prezos do petróleo e ás novas políticas do BCE, e non a Feijóo”, que no peor da crise optou por reducir mais da metade as políticas activas de emprego e desamparar aos desempregados. Censurou que o PP teña reducido as prestacións por desemprego en contía e duración ata o punto de que mais da metade dos desempregados carecen de cobertura de ningún tipo.

A responsable socialista criticou as eivas dun modelo económico centrado en “precarizar o mercado laboral” xeneralizando a temporalidade e a pobreza laboral, provocando a emigración da xeración de mozos e mozas mellor formada da historia de Galicia.

Iniciativas

Sinalou que os socialistas dedicarán as súas iniciativas no próximo Pleno do Parlamento á situación económica e laboral de Galicia a través da sesión de control ao presidente da Xunta e dunha proposición non de Lei para reclamar medias dirixidas a corrixir a situación demográfica de Galicia e acadar o retorno dos galegos e galegas emigrados.

Carmen Gallego reclamoulle ao PP que cambie a súa estratexia de vetar, “por orgullo ou por non saber qué facer”, tódalas propostas presentadas neste sentido pola oposición. No que vai de lexislatura, o PP rexeitou ata 11 propostas presentadas en positivo polos socialistas galegos, ademais de tódalas propostas de Resolución no Debate do Estado da Autonomía e as emendas aos orzamentos da Xunta.

Reclamoulle que cambie nunha actitude pechada a tódalas aportacións externas que provocou “mais parados e menos ocupados que cando chegou ao goberno”, e sinalou que “calquera experto economista minimamente documentado evidencia o fracaso das políticas económicas de Feijóo e recoméndalle que acepte as propostas da oposición e cambie de rumbo”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar