O desbloqueo da Lei de Igualdade no Traballo de Touriño permitirá incrementar o emprego feminino e rematar coa fenda salarial

O desbloqueo da Lei de Igualdade no Traballo de Touriño permitirá incrementar o emprego feminino e rematar coa fenda salarial

O desbloqueo da Lei de Igualdade no Traballo de Touriño permitirá incrementar o emprego feminino e rematar coa fenda salarial

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, propuxo hoxe recuperar a Lei Galega do Traballo en Igualdade, a primeira de Galicia impulsada polo goberno de Emilio Pérez Touriño e paralizada por Feijóo. Así o dixo no acto “Diálogos sobre Igualdade” organizado hoxe polos socialistas galegos en A Coruña.

O candidato socialista reivindicou a norma socialista como eixo das políticas de igualdade no traballo e dirixida directamente a incrementar o emprego feminino e rematar coa fenda salarial. A lei amparará, explicou, o desenvolvemento dun Plan de Emprego Feminino, combinado co impulso das escolas infantís de 0 a 3 anos –un 15 por cento máis nos polígonos industriais en 4 anos- e programas de Aula Matinal para facilitar a conciliación.

O responsable socialista desgranou hoxe as propostas do programa socialista que inclúen tratamentos de reprodución asistida “sen ningún tipo de discriminación con independencia da condición sexual, o estado civil ou a situación vital”. O único límite, engadiu, virá marcado pola saúde da muller avalada por informes médicos previos e pola súa idade.

Así o dixo nun acto sobre igualdade coa presenza de mulleres socialistas, como as deputadas no Congreso Pilar Cancela e Margarita Pérez Herraiz, a cabeza de lista por Ourense, Noela Blanco, a deputada Marisol Soneira, a alcaldesa de Lugo e a tenente de alcalde de Ferrol, Lara Méndez e Beatriz Sestayo, a presidenta da Asociación Galega de Mulleres Rurais, Rosa Arcos, a ex secretaria de Estado de Igualdade, Laura Seara, ou a portavoz socialista na Coruña, Mar Barcón, entre outras candidatas e cargos públicos e orgánicos do PSdeG.

Políticas machistas

Mulleres facer esforzo pelexar conta poolíticas patriarcais machistas do PP, chamamento para que suceda, non debemos amparar baixo ningún concepto a políticos con graves acusacións de acoso sexual, esixencia ética e moral e tamén política, problema de exemplaridade pública e institucional

Fernández Leiceaga dirixiuse hoxe ás mulleres para pedirlles “que fagan un esforzo de pelear contra as políticas patriarcais e machistas do PP”, e remachou dicindo que “non debemos amparar baixo ningún concepto a políticos con graves acusacións de acoso sexual”, en alusión ao apoio de Feijóo ao presidente da Deputación e do PP de Ourense, José Manuel Baltar.

Aludiu así tanto ao estrangulamento orzamentario das políticas de igualdade de Feijóo en contraposición á proposta socialista de priorizar a loita contra a violencia de xénero con máis recursos para a prevención e a atención integral ás vítimas.

Nervios

O candidato socialista sinalou hoxe que o PP amósase “progresivamente nervoso” porque “as contas non lles saen” diante do aumento no apoio a unha alternativa liderada polo PSdeG. Advertiu que “intentan utilizar tódalas armas que teñen”, dende a Xunta e os medios institucionais ata os medios públicos de comunicación para “controlar a axenda política e intentar facernos desaparecer e montar líos onde non os hai”.

Explicou que “cada día que pasa gañamos apoio” e chamou a “concentrar no PSdeG as ansias de cambio dos galegos e galegas”, para o que chamou aos votantes socialistas a “mobilizarse para facer posible o cambio solvente e confiable que necesita Galicia”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar