O deputado socialista Pachi Vázquez renuncia ao escano no Parlamento de Galicia

O deputado socialista Pachi Vázquez renuncia ao escano no Parlamento de Galicia

O deputado socialista Pachi Vázquez renuncia ao escano no Parlamento de Galicia

O deputado do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Pachi Vázquez materializou hoxe a súa renuncia ao escano para “deixar de ser aforado e pasar a ser un cidadán de a pé”. Vázquez anunciou esta “decisión persoal baseada na coherencia como principal motor” e afrontar o proceso aberto polo TSXG “sen agocharme detrás do Parlamento nin das siglas do meu partido”.

O ex secretario xeral do PSdeG-PSOE anunciou a súa renuncia para que “non quede a mais mínima dúbida sobre o meu comportamento ético nin antes nin agora” e para que o proceso “non interfira nas institucións nin no meu partido”. Vázquez anunciou que “defenderei a miña honorabilidade como un cidadán mais” e amosouse “convencido da miña inocencia porque sempre actuei de acordo coa legalidade”.

Vázquez presentouse na súa despedida con 2.900 folios de documentación relativa aos 36 contratos da súa etapa como alcalde de O Carballiño que “logo de que o Concello negara que existían, despois llelos remitiu ao TSXG e agora fanmos chegar a min” e entre os que, dixo, “non hai ningún informe negativo relativo a de ningunha contratación”. Pachi Vázquez confirmou que se reincorporará á súa praza como médico da Consellería de Sanidade e que continuará militando no PSdeG-PSOE.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar