O "dedazo" con Tellado "evidencia a decadencia do PP" e que "detrás da fachada de Feijóo non hai nada"

O “dedazo” con Tellado “evidencia a decadencia do PP” e que “detrás da fachada de Feijóo non hai nada”

A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, cre que o último “dedazo” de Alberto Núñez Feijóo ao designar como secretario xeral do PPdeG a Miguel Tellado “evidencia a decandencia do PP en Galicia e que detrás da fachada de Feijóo, que xa non se sostén por máis tempo, non hai absolutamente nada”.

A socialista lembra que Tellado “non se caracteriza precisamente polo seu ton construtivo e conciliador, polas súas grandes aportacións ao debate en profundidade nin polo seu peso político máis aló dun argumentario”, pero afirma que os socialistas están “encantados” dunha decisión que vén a corroborar o que levan dicindo moito tempo, “que o proxecto de Feijóo está completamente esgotado e non ten nada máis que aportar a este país”.

“O papelón”, di Cancela, “é o que terá Feijóo para explicarlle esta decisión aos seus”, xa que dubida que “se o método de elección do PP en vez do dedazo fosen unhas primarias” o elixido fose o mesmo. “Non sabemos se é que Feijóo prefire poñer un home de palla que non lle quite o control unha vez perda as eleccións autonómicas, ou se é que ninguén máis se prestou voluntario para ser o seu número dous na debacle que se lles aveciña”, remata a socialista, que lle desexa “moita sorte” a Tellado nunha etapa “na que lle vai facer falta”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar