O decreto de vivendas de uso turístico impide "de facto" o seu cumprimento

O decreto de vivendas de uso turístico impide "de facto" o seu cumprimento

O decreto de vivendas de uso turístico impide “de facto” o seu cumprimento

O portavoz de Comercio e Turismo do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, reclamoulle hoxe ao goberno galego que modifique o Real Decreto que regula as vivendas de uso turístico, para seguir as recomendacións da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia. O deputado socialista presentou unha iniciativa parlamentaria sobre unha norma “demasiado restritiva”.

O parlamentario socialista sinalou a contestación que acadou esta regulamentación no sector e mesmo na CNMC, que considera os requisitos contra o uso de vivendas particulares con fins turísticos como “demasiado restritivos”. Sinalou que a norma tal e como foi aprobada “evidencia a falla de diálogo construtivo cos concellos e asociacións do sector e mesmo dificulta o seu cumprimento”.

Apunta que o propio órgano regulador da competencia considera que determinadas disposicións “deben suprimirse ou modificarse para favorecer en maior medida ao interese xeral”, de forma que “non supoñan un obstáculo ao desenvolvemento da competencia efectiva”. Advirte que este ente actuou no mesmo sentido contra outras comunidades autónomas como Canarias e Madrid, co apoio dos tribunais de xustiza.

Mesmo a Comisión Europea, sinala, “comparte o seu enfoque sobre as restricións que elevan os custes de entrada no mercado, desalentan a operadores que xa estaban a participar no mercado con novos modelos de servizos e reducen o número de competidores e incentivos para que haxa prezos máis eficientes e competitivos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar