O decreto de servizos sociais deixa sen financiación da Xunta a todos os concellos de menos de 20.000 habitantes

O decreto de servizos sociais deixa sen financiación da Xunta a todos os concellos de menos de 20.000 habitantes

O decreto de servizos sociais deixa sen financiación da Xunta a todos os concellos de menos de 20.000 habitantes

O decreto traspásalle ás deputacións a obriga de financiar ditos servizos nos concellos de menos de 20.000 (máis do 90% dos de Galicia) pero non os fondos para poder facelo

Os recursos destinados por Feijoo aos servizos sociais comunitarios e ao Plan Concertado no momento máis duro da crise son incluso menos dos que destinaba Fraga no ano 2005, en tempos de bonanza (ver cadro)

A coordinadora da Área Social da Executiva do PSdeG-PSOE, Margarita Pérez Herraiz, denunciou que o decreto de Servizos Sociais Comunitarios aprobado recentemente pola Xunta “incrementa o copago notablemente aos servizos sociais básicos”. Así o dixo hoxe nunha rolda de prensa na que advertiu dun recorte drástico do 47 por cento nos recursos da Xunta a servizos sociais comunitarios e o Plan Concertado, con relación ao ano pasado.

Pérez Herraiz advirte que a Xunta ven de consolidar, primeiro nos orzamentos para 2012 e a continuación no devandito decreto de Servizos Sociais Comunitarios, unha maior participación dos usuarios nos custes destes servizos –o denominado “copago”-, unha redución radical dos recursos por debaixo mesmo das cifras dos gobernos de Manuel Fraga, e o incremento das obrigas dos concellos sen incorporar financiamento.

A responsable socialista criticou así que os galegos que teñan ingresos superiores aos 532 euros terán que pagar os servizos da dependencia. Así por exemplo, unha persoa cunha renda de 1.251 euros que precise de 90 horas de atención, que estaba a pagar 183 euros, agora terá que pagar 316.

Advertiu ademais que os novos baremos resultan “fondamente inxustos” porque obrigan ao usuario a financiar unha maior parte dos custes en función da porcentaxe de dependencia determinada. Así, unha persoa cunha dependencia lixeira e que perciba 540 euros mensuais, terá que contribuír co 6,56 por cento do custe, pero si se trata dunha dependencia severa terá que abonar o 18,09 por cento.

Explicou tamén que os usuarios doutros servizos terán un baremo aínda mais duro, tendo en conta a renda da unidade de convivencia enteira e só será gratuíto para rendas inferiores a 425 euros. A responsable socialista sinalou que, de acordo cos novos criterios, as rendas de 532 euros pagarán o 10 por cento e a partir de 1.331 euros, sexa cal sexa a renda, terán que pagar o 90 por cento.

Menos recursos

A coordinadora da Área Social advertiu que a Xunta ven de reducir nun 47 por cento as partidas destinadas ao Plan Concertado e os Servizos Sociais comunitarios, pasando de 23,5 millóns de euros en 2011 aos 12,4 dos orzamentos de 2012. Esta minoración deixa as aportacións da Xunta neste sentido por debaixo mesmo dos 15 millóns de euros que orzamentou o Goberno de Manuel Fraga en 2005. Si o comparamos co último presuposto do anterior Goberno socialistas, a redución é de máis de 18 millóns de euros, como se aprecia no cadro seguinte.

Transferencias aos concellos para Plan Concertado e Servizos Sociais Comunitarios

2012 2011 2010 2009 2008 2007 2006 2005
Plan C 12.460.266 16.056.456 16.056.456 20.540.668 18.230.206 17.990.491 15.454.081 14.321.140
SS Co 7.492.421 7.000.000 10.363.446 1.795.481 67.300 713.143
Total 12.460.266 23.548.877 23.056.456 30.904.114 20.025.687 18.057.791 15.454.081 15.034.283

Ademais, salientou que a Xunta non está a sumir as súas obrigas para o desenvolvemento da Lei de Apoio á Autonomía, ao denegar as axudas para as persoas co Plan Integral de Atención concedido e un retraso na resolución de mais dun ano.

O Goberno galego transfire aos concellos galegos 9,7 euros por hora de atención prestada, cando o custe de cada hora prestada pola aplicación da Lei de Apoio á Dependencia é de 14,51 euros. A responsable socialista dixo tamén que o novo decreto empeorará a situación por canto reducirá aínda mais as transferencias a uns concellos que xa estaban a ter moitas dificultades para desenvolver as súas obrigas.

A responsable socialista criticou que o Goberno galego ven de incrementar ademais as obrigas para os concellos sen incluír o financiamento correspondente para a súa posta en marcha. Así, os municipios deberán agora asumir a inspección dos servizos correspondentes á Dependencia. Pero sobre todo, Margarita Pérez chamou a atención sobre a retirada toda a financiación a tódolos concellos de menos de 20.000 habitantes, trasladando esta obriga as deputacións pero sen transferirlle os recursos correspondentes.

Criticou que a Xunta teña reducido as transferencias precisamente no momento de mais dificultades para moitas persoas, o que suporá “unha peor atención e para menos persoas”. Engadiu que estas carencias coinciden coa falla de transparencia do Goberno galego, que tardará un ano en publicar as transferencias feitas aos concellos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar