O Decreto de Comedores atenta contra a igualdade e prexudica especialmente ao alumnado do medio rural

O Decreto de Comedores atenta contra a igualdade e prexudica especialmente ao alumnado do medio rural

O Decreto de Comedores atenta contra a igualdade e prexudica especialmente ao alumnado do medio rural

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, reclamou a paralización do decreto de comedores escolares que a Xunta vai aprobar en pleno período estival e que presenten un novo consensuado coa comunidade educativa galega. O parlamentario socialista advertiu que este texto atenta contra a igualdade e prexudica especialmente ao alumnado do medio rural, ao que obrigan a pagar para comer por estudar lonxe da casa.

Docasar traslada de novo a oposición frontal dos socialistas galegos ao decreto de comedores, que supón “un novo ataque á igualdade de oportunidades, neste caso do alumnado transportado e procedente do medio rural”. Esta nova decisión “temos que sumala por desgraza á indignante política de becas do PP e do seu altivo e soberbio ministro de Educación, o señor Wert”.

O decreto será aprobado logo de ter recibido o informe do Consello Consultivo que, apunta o parlamentario socialista, foi aprobado co voto particular en contra da presidenta deste órgano –e polo tanto é aprobado por dous votos contra un-, que “pon en dúbida a legalidade da medida que se quere implantar, pois pode contradicir o artigo 82 da Lei de Educación”.

Apunta que o voto particular salienta que decretos semellantes aprobados recentemente noutras comunidades autónomas, como Aragón, Castela – A Mancha e Valencia, “teñen actuado con maior sensibilidade que Galicia”. Docasar sinala ademais que, malia as melloras recomendadas polo Consello Consultivo, o actual goberno “practica o rodillo parlamentario mentres demostra que non coñece as palabras consenso e escoitar”.

Inconstitucional

O deputado socialista lembra que o decreto que quere impoñer o PP “podería ir contra a Constitución e o seu artigo 27.4, que sinala que “O ensino básico é obrigatorio e gratuíto”. Explica que, con este decreto, un rapaz do medio rural que viva a 20 quilómetros do centro onde está escolarizado non ten a posibilidade real de volver á casa a comer, polo que está obrigado a pagar o comedor escolar.

Adianta que o próximo paso será “entrar a saco no outro servizo básico complementario do transporte escolar”, e reclamou “blindar a gratuidade do alumnado transportado” e esixiulle ao PP “que remate dunha vez por todas coa política de constantes ataques á que está sometendo ao noso medio rural”.

Lembrou así “o peche masivo de escolas unitarias en concellos das catro provincias galegas”, ao que se une o pago do comedor para os alumnos dun medio rural ao que o PP trata como “graneiro de votos” nas campañas electorais pero o deixa “fondamente esquecido” á hora de gobernar.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar