O debate mostrou que a socialista é "a alternativa mais distante e capaz de ofrecer unha resposta distinta" ao PP

O debate mostrou que a socialista é "a alternativa mais distante e capaz de ofrecer unha resposta distinta" ao PP

O debate mostrou que a socialista é "a alternativa mais distante e capaz de ofrecer unha resposta distinta" ao PP

Méndez Romeu ve “decepcionante” o resultado do debate e afirma que a actual lexislatura de Feijóo está “politicamente esgotada”.

O portavoz socialista advirte de que “o Consello de Contas non pode estar monopolizado polo PP” se asume a loita contra a corrupción.

O portavoz parlamentario do PSdeG, José Luis Méndez Romeu, califica como “decepcionante” o resultado do debate do Estado da Autonomía, no que o PP “non deu resposta aos grandes problemas do país” presentados polos socialistas: o paro, a pobreza e a desigualdade. “O goberno galego non considera que estes asuntos sexan prioritarios, e se o considera non o demostra nos compromisos que asume”, asegura. “O PSdeG concita a meirande oposición posible”, xa que o PP rexeitou 39 das súas 40 propostas, o que demostra que “o goberno galego segue considerando que a alternativa máis distante das súas políticas e capaz de ofrecer unha resposta distinta é o PSdeG”.

“Non houbo respostas claras a ningún deles nin respostas ás proposicións concretas que presentamos”, afirmou Méndez Romeu en referencia ao rexeitamento do PP ao plan de 400 millóns contra o desemprego para os colectivos máis afectados ou a proposición para que 30.000 familias sen ingresos puideran ter unha renda social, algo que, lembrou “está previsto na Lei de inserción social” de Galicia.

“Absolutamente decepcionante” é tamén “a posición do goberno de Feijóo no compromiso de loita contra a corrupción”, onde non aceptou un pacto para a integridade política que comprometa as institucións, nin a profesionalización e redución de postos de carácter político nas institucións públicas, que os expertos consideran imprescindible, nin un portal de transparencia para ofrecer datos de contratacións, salarios ou rúbricas do gasto que se fai con máis discrecionalidade. Tampouco aceptaron, lembrou, asumir un compromiso de futuro para que a reforma electoral teña que cambiarse cunha maioría reforzada, nina reforma do funcionamento do Parlamento.

O único acordo que aceptaron neste senso e que realmente ten contido, dixo, é a modificación do Consello de Contas para que asuma a loita contra a corrupción, “un obxectivo plausible e importante”, aínda que advertiu que “evidentemenete para iso primeiro haberá que acordar que o Consello de Contas non pode estar monopolizado por antigos conselleiros do PP ou mesmo por un antigo secretario xeral do seu partido”, porque “esa mostra de parcialidade o invalida”, polo que adiantou que neste tema “hai asuntos importantes que haberá que abordar”.

Cláusulas sociais
En referencia á única proposta socialista que o PP foi incapaz de rexeitar, o voceiro parlamentario di que “houbo un xesto na iniciativa para a implementación de cláusulas sociais nos pregos de condicións da contratación pública, un tema moi importante” que presentou o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, hai meses e que el mesmo levou á práctica na institución que preside, un camiño que “pon de manifesto que neste caso si entenderon cal é o problema”.

Méndez Romeu asegurou que os socialistas seguirán a facer “unha oposición responsable, baseada no rigor, na análise, na crítica de resultados e con propostas de carácter construtivo”, pero augura un “difícil entendemento no resto da lexislatura” pola “falta compromiso e de diálogo” da Xunta. O socialista lamenta a “falta de ideas e estilo apático” no debate de Feijóo, cun discurso “carente de compromisos e obxectivos” que evidencia “conformidade” e que “renuncia á ambición de gobernar”.

A “progresiva irrelevancia do goberno da Xunta” lévanos, di Méndez Romeu, a “unha lexislatura políticamente esgotada”, nun período de carácter preelectoral cun goberno que ten “progresivamente menos interese e menos oportunidades políticas para estar á altura dos problemas que temos” na comunidade. “Galicia sairá moito peor da crise do que estabamos e con máis retraso que España, e se seguen por este camiño teremos que considerar esta lexislatura cando remate como unha lexislatura politicamente perdida”, asegurou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar