O Cumio hispano - luso, unha "comedia de enganos" baleira de contido

O Cumio hispano - luso, unha "comedia de enganos" baleira de contido

O Cumio hispano – luso, unha "comedia de enganos" baleira de contido

Ponte Tui ValençaA portavoz de Política Exterior do Grupo Socialista, Noela Blanco, cualificou hoxe o cumio hispano – luso de Baiona de “comedia de enganos” protagonizada por Rajoy e Passos Coelho. Advertiu que o certame supuxo un “calco” do cumio do ano pasado sen medidas concretas par aumentar a redistribución da riqueza e reducir as desigualdades socioeconómicas.

Criticou a falla de propostas para eliminar barreiras e aumentar a homoxeneización do mercado ibérico, así como a mobilidade de cidadáns, traballadores e empresas a ambos lados da fronteira. Os dous mandatarios tampouco foron quén de presentar hoxe iniciativas conxuntas no campo da innovación, o desenvolvemento tecnolóxico ou a protección do medio natural.

Un encontro, engadiu, baleiro de contido para unha eurorrexión que polo desleixo dos gobernos veciños viu cómo nos últimos anos aumentaba o desemprego entre o 60 e o cen por cen en toda a raia, situando ao Norte de Portugal como a segunda rexión con mais desemprego do país veciño.

Os socialistas galegos, lembrou Blanco, “reclamamos tamén a posta en marcha dun fondo de desenvolvemento para a rexión transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal, dirixido á inversión en ambos países e á creación de emprego”.

Lamentou as “técnicas ocultistas” impostas polo goberno galego, que hai escasas semanas “presumía” dun suposto documento coas prioridades da política galega para a cooperación transfronteiriza co Norte de Portugal que aparentemente ía ser tratado no cumio de hoxe. Un documento supostamente elaborado sen contar cos grupos políticos e á marxe dos axentes sociais, económicos e culturais de Galicia.

Dito documento brillou pola súa ausencia e “literalmente desapareceu do encontro de hoxe”, e que culmina o “despropósito” dun goberno “encantado co seu dobre e contraditorio papel de anfitrión e convidado de pedra” no encontro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar