O copago “vai contra os cimentos do sistema sanitario” e “mina o estado do benestar”

O copago “vai contra os cimentos do sistema sanitario” e “mina o estado do benestar”

O copago “vai contra os cimentos do sistema sanitario” e “mina o estado do benestar”

Modesto Pose advirte que “medo me da” a revisión da carteira de servizos sanitarios

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose, dixo que a implantación do copago na sanidade “vai contra os cimentos do sistema sanitario”. Así o dixo na comparecencia da conselleira de Sanidade no Pleno do Parlamento, á quen advertiu que o pago por renda supón “minar o Estado do Benestar”.

Acusou ao PP de tomar “medidas contra a cimentación do sistema sanitario e incluso contra a sociedade do Benestar” que, lembrou, baséase en que “cada un aporta segundo as súas posibilidades e recibe segundo as súas necesidades”. Dixo que o pago en función dos ingresos “rompe” cos principios do sistema e anticipa “novas medidas, como exención de impostos ou descontos por prestacións, que baleiran de contido o sistema público”.

Dixo que o Goberno galego “disfraza” estas medidas lembrando a suba das pensións nun 1 por cento, cando a realidade é que “despois soben o IRPF, o IBI, a electricidade ou a auga mentres a tódolos que cobran as pensións mínimas cóbranlles agora 8 euros polos medicamentos. Considerou “dificilmente soportable” que este razoamento coincida coa amnistía fiscal aos grandes defraudadores.

Mentres, advertiu que o anuncio de revisar a carteira básica de servizos “medo me da”, e engadiu que a creación de tramos de servizos en función da renda suporá “introducir custes para os usuarios cun efecto recadatorio cero”. Así, dixo que terá un custe engadido de 1.000 millóns de euros, incluíndo 47 millóns de novas tarxetas sanitarias, para unha medida que non suporá mellora na eficiencia da xestión.

Catálogo

O responsable socialista lamentou que a Lei de reforma do Sistema Nacional de Saúde, publicada hoxe no BOE, teña renunciado a incorporar o catálogo de medicamentos que o PP anuncia como “a panacea”. Puntualizou que o artigo 85.2.a consolida o sistema de prescrición por principio activo, tal e como defenderon os socialistas galegos fronte ao catálogo de medicamentos que discrimina a atención sanitaria dos galegos e galegas.

Así, puntualizou que malia a publicidade da Xunta e do PP, o catálogo de medicamentos non impediu que Galicia continúe tendo o maior gasto medio por receita. Engadiu que a redución no gasto farmacéutico que se deu nestes anos “comezou no ano 2008” grazas á rebaixa de prezos aplicada polo goberno socialista e o descenso foi menor en Galicia que no conxunto do Estado.

Así, explicou que en 2009 o gasto farmacéutico en Galicia subiu nun 6,3 por cento –cun total de 924 millóns de euros-, a media estatal aumentaba un 4,4 por cento, mentres no ano 2010 o aumento en Galicia foi do 0,7 por cento -931 millóns- mentres no Estado reducíase un 2,3 por cento.

Engadiu que no ano 2011, mentres Galicia diminuía o seu gasto nun 10,9 por cento, -829 millóns de euros- fronte ao descenso do 8,7 por cento do Estado, o que “non foi grazas ao catálogo porque houbo autonomías no Estado que sen esta medida baixaron aínda mais”. Engadiu que nos meses de xaneiro e febreiro de 2012 Galicia reduciu un 2,6 por cento fronte a unha caída do 7 por cento, co que “jolgorios os menos posibles”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar