O contrato indefinido para emprendedores é “un dislate, un contrato inconstitucional e unha fraude de lei”

O contrato indefinido para emprendedores é “un dislate, un contrato inconstitucional e unha fraude de lei”

O contrato indefinido para emprendedores é “un dislate, un contrato inconstitucional e unha fraude de lei”

Propón á Ministra Báñez a creación dun Fondo de Crédito ao contrato indefinido con mil millóns de euros para Pemes e emprendedores para crear traballo indefinido e estimular o crecemento económico

O senador socialista pola Coruña, Javier Losada, acusou á Ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, de propor na reforma laboral un contrato indefinido para emprendedores que é “un dislate, un contrato inconstitucional e unha fraude de lei”.

Neste punto, explicou que “é inconstitucional porque permite o despedimento sen causa e sen indemnización e infrinxe o artigo 35 da Carta Magna”. A continuación, engadiu que existe xa unha sentenza do Constitucional que recoñece que “o dereito ao traballo impide o despedimento sen causa”.

Tamén aclarou que “é unha fraude de lei porque extinguir sen indemnización acudindo ao período de probas non é un contrato indefinido senón temporal”.

Losada comezou a súa intervención na sesión de control parlamentario da Cámara Alta afirmando que a crise é de tal magnitude que traspasa a capacidade de acción dun Goberno “e isto, puntualizou, púidoo comprobar o actual Executivo nos 120 días que leva no poder”.

Con todo, o parlamentario socialista preferiu non centrarse nas cifras que apuntan que hai 2.000 persoas paradas diarias desde a formación do novo Goberno e propuxo “mirar cara adiante para atopar solucións e dar á novas capacidade de atopar un emprego con garantías e dereitos que este contrato non proporciona. O que si consegue é facilitar e abaratar o despedimento”.

Javier Losada sinalou que con este contrato favorécese o dumping social no canto de favorecer a dignidade e a seguridade económica dos nosos mozos e engadiu que se ampara na imposición das condicións laborais do empleador sobre o traballador e colócase na balanza o medo a perder o traballo coa dignidade dun traballo sen dereitos adquiridos”. “Non é xusto, denunciou, que ante a gravidade do paro, a solución na que se basea esta reforma é no desprezo da dignidade”.

Por todo iso, Losada propuxo á Ministra unha alternativa consistente en crear un Fondo de Crédito ao contrato indefinido con mil millóns de euros para Pemes e para emprendedores. “Con esta medida, concluíu, conseguiriamos dous obxectivos: traballo indefinido e estimular o crecemento económico, que é por onde vai acabar indo Europa da man de Francia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar