O Consello de Contas alerta de opacidade nos cursos de formación da Xunta e falla de transparencia na contratación pública

O Consello de Contas alerta de opacidade nos cursos de formación da Xunta e falla de transparencia na contratación pública

O Consello de Contas alerta de opacidade nos cursos de formación da Xunta e falla de transparencia na contratación pública

O portavoz do Grupo Socialista na Comisión do Consello de Contas, Juan Carlos González Santín, sinalou hoxe que o último informe deste ente alerta sobre a opacidade nos cursos de formación da Xunta. Así o advirte a Memoria de Actividades do Consello de Contas e os informes de fiscalización analizados hoxe en Comisión Parlamentaria.

González Santín puntualizou que “coa que está caendo -en alusión ao desvío de fondos de formación da Consellería de Traballo para financiación ilegal do PP investigados na Operación Zeta- deben ser mais serios e estritos á hora de ver a quén con qué criterios conceden estes cursos”.

O informe do Consello apunta, no informe relativo aos programas de formación correspondente ao ano 2010, que unhas poucas empresas aglutinan un número elevado de entidades que “absorben a practica totalidade da contratación dos cursos impartidos”. É o caso, por exemplo, de Gecreri SL, que presenta seis entidades distintas vinculadas, ou do Grupo Academia Postal, que presenta outras cinco.

O propio Consello de Contas sinala que estas concesións son concertadas “sen autorización do órgano de concesión da axuda nin contraste cos prezos de mercado a través da petición de distintas ofertas, o que supón riscos de opacidade para determinar se os custos son reais ou están sobrevalorados”.

Falla de transparencia

González Santín aludiu ademais á falla de transparencia do goberno galego, como revela o propio informe, ao evidenciar o abuso da contratación a través do procedemento negociado sen publicidade. Este método é empregado na Consellería do Medio Rural e do Mar para o 80 por cento das súas contratacións, mentres diversas entidades públicas utilizan este mecanismo para facer a totalidade dos contratos.

Ademais, a xestión das axudas da UE por parte da Xunta provocan serias dúbidas no ente, xa que, advirte, resulta “imposible avaliar o grao de cumprimento dos obxectivos” previstos. González Santín alertou da necesidade de facer unha previsión do destino destes fondos, así como un seguimento posterior axeitado, para evitar que sexan desviados, como se está a comprobar que pode suceder na provincia de Ourense.

O informe está trufado, sinalou, de advertencias sobre a falla de rigor na xestión da Xunta, unha administración que renuncia deliberadamente a informar sobre desviacións de financiamento, e que ten por norma ofrecer previsións desacertadas. Lembrou que o goberno agardaba un PIB do 1 por cento en 2011 e do 1,1 en 2012, que finalmente foi do 03, e do -1,1 por cento, respectivamente.

Sucede o mesmo coa evolución do paro, xa que cando agardaba un 15,1 por cento en 2011 e un 16,04 por cento en 2012, a taxa final foi do 17,4 e do 20,6 por cento, co que González Santín puntualizou que “non é que as previsións sexan acertadas, precisamente o raro é que acerten”.

Mentres, o goberno galego fixo norma da redución dos investimentos e dun grao de execución destes especialmente baixo, dun 66,64 por cento, cando o resto das partidas do orzamento roldan o 90,6 por cento. Ademais, mentres incrementan os gastos correntes, bens e servizos nun 0,8 por cento, o gasto destinado a persoal redúcese un 10,23 por cento.

O Consello de Contas pon o acento tamén sobre uns orzamentos do Sergas absolutamente insuficientes, tal e como veñen de advertir os socialistas reiteradamente, o que “obriga a modificacións orzamentarias ou a imputar os gastos a anos seguintes, por non falar das eivas no control interno”.

Renovación

González Santín urxiu ao PP e ao goberno galego a desbloquear os órganos pendentes de renovar polo Parlamento, como é o caso do Consello de Contas, con dúas vacantes do total de 5 conselleiros que o integran. Lembrou a proposta de resolución socialista aprobada no último debate do Estado da Autonomía para renovar este órgano, así como o consello da CRTVG ou o Valedor do Pobo antes do remate do actual período de sesións.

Ademais, sinalou que o propio PP presentou unha proposta de resolución naquel debate para reformar a Lei do Consello de Contas e concederlle mais capacidade na loita contra a corrupción política. Esta proposta, dixo, foi desmentida no recente debate de Orzamentos, no que o PP rexeitou tódalas emendas socialistas para facilitar un maior orzamento neste órgano que permitira desenvolver un programa específico contra a corrupción.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar