O Consello de Competencia debe investigar ao sector elétrico, transporte ou viaxeiros ademais da xestión de residuos e contratación pública

O Consello de Competencia debe investigar ao sector elétrico, transporte ou viaxeiros ademais da xestión de residuos e contratación pública

O Consello de Competencia debe investigar ao sector elétrico, transporte ou viaxeiros ademais da xestión de residuos e contratación pública

Méndez RomeuO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, reclamoulle hoxe ao Consello Galego da Competencia que inicie informes de oficio sobre o sector eléctrico, o transporte público de viaxeiros, a xestión de residuos ou os procesos de contratación pública. Así o dixo na comparecencia do presidente do organismo na Comisión de Economía para presentar a súa memoria anual.

O responsable socialista advertiu das prácticas dubidosas das grandes empresas de distribución e comercialización de enerxía eléctrica, e sinalou tamén a situación de sectores relevantes do sector primario galego, nomeadamente o bateeiro, ao albur dos prezos que fixan as conserveiras.

Recomendoulle ao Consello que continúe analizando estes sectores logo do seu traballo alertando das situacións irregulares que se viven no sector do leite, dos carburantes ou dos aparcadoiros. Propuxo tamén poñer o foco no transporte público de viaxeiros, que vive un réxime de concesións administrativas que agocha en realidade un “monopolio prorrogado” amparado polo sector público sen adaptarse á nova realidade cidadá.

Méndez Romeu apuntou tamén ao cuase monopolio que exerce o goberno galego na xestión de residuos sólidos urbanos, que se traducen nun continuo incremento de tarifas sen que iso supoña a mellora do servizo.

Advertiu finalmente sobre as queixas reiteradas dos concursantes nos procesos de licitación pública, xa que “abonda con ver a listaxe de empresas adxudicatarias ao longo de varios anos para decatarse de que algo está a acontecer” ao recaer os contratos sempre nos mesmos actores.

Paralización

José Luis Méndez Romeu lamentou a paralización deliberada da Lei 14/2013 de racionalización do sector público autonómico por parte dun goberno que a utilizou para “vender” un suposto aforro pero que, logo de dous anos, continúa sen aplicarse.

A dita norma afecta directamente ao Consello Galego da Competencia, prevendo un novo regulamento e a modificación dos órganos directivos, que a día de hoxe segue sen producirse. Sinalou ademais que, malia que a norma foi anunciada como a pedra angular dun suposto aforro orzamentario, o certo é que o CGC incrementou o seu orzamento nun 6 por cento en 2015.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar