O conselleiro de Sanidade debe dimitir

O conselleiro de Sanidade debe dimitir

O conselleiro de Sanidade debe dimitir

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamou hoxe a dimisión do conselleiro de Sanidade logo do falecemento dun paciente ás portas do Punto de Atención Continuada da Estrada o pasado 4 de agosto cando o único equipo médico atopábase ausente por ter que atender unha emerxencia.

Torrado presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que lle esixiu que “deixe a Consellería: gañaríamos un bo médico, pero non perderemos un bo conselleiro”. O responsable socialista acusouno de preocuparse máis de “escabullirse” que de “resolver a situación dalgúns PACs de Galicia que quedan cun só equipo.

Advertiu que esta situación “pode volver pasar” logo de constatar que “non tomaron ningunha medida” e esixiulle que explique “por que había un só equipo na Estrada, por que non era a primeira vez, por que ocorre en mais PACs” de Galicia. Esixiulle ao conselleiro que garanta que “non houbo esta fin de semana outros PACs na mesma situación” e que “o da Estrada non tivera nunca antes ese problema”.

O parlamentario socialista sinalou que “non foi un accidente impredecible”, e lembrou a alarma dos profesionais sanitarios aos que “botaron das xuntanzas que quixeron ter con vostede”, logo de que o conselleiro se negara a recibilos. Lembrou que o propio Grupo Socialista advertira en marzo que había PACs baleiros de persoal porque atendían a poboacións moi amplas cun só equipo que tiña que facer saídas”.

Acusou ao conselleiro de “regatear” ao Parlamento para evitar comparecer logo de que o propio PP votara en contra de tódalas propostas para aumentar persoal, de que os sindicatos, os colexios profesionais e ata os usuarios advertiran desta situación. Criticou que “vostedes sabían que estaban rozando o límite do aceptable, e xogaron con iso, é inaceptable”, concluíu.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar