O conselleiro de Industria, mago da posverdade que esquece falar da desigualdade

O conselleiro de Industria, mago da posverdade que esquece falar da desigualdade

O conselleiro de Industria, mago da posverdade que esquece falar da desigualdade

O portavoz de industria do grupo socialista, Abel Losada, lamentou que o conselleiro Francisco Conde actúe como “o mago da posverdade e dos feitos alternativos” mentres non fala “da desigualdade nin da distribución da riqueza” nas súas intervencións. “Non sei se o ficharán en Washington”, ironizou o socialista, que criticou a falta de propostas e lembrou que “as baixadas fiscais nunca redistribúen a renda; é un mantra que non é verdade e é cuestión de ideoloxía”.

Losada censurou que Feijóo “saque peito” co déficit mentres que en Galicia aumentaron un 88% os fogares sen ingresos desde o terceiro trimestre de 2009, por un 21% en España. “Éste é o resultado das políticas de Feijóo·, afirmou. O socialista destacou tamén datos como que a entrada de pedidos na industria baixou en España un 4,6% e en Galicia un 25,8%, a maior caída a nivel do Estado, e os negocios industrias subiron só un 0,8% polo 2,5% en España. Ademais, o PIB dese o comezo da crise baixou un 4% en España polo 6% en Galicia. “Convídoos a reflexionar”, apuntou.

Quen queda co pastel
Por outra banda, preguntou de xeito retórico “quen queda co pastel” se hai un 20% menos de horas de traballo en Galicia que ao inicio da crise, pero producimos o mesmo e as remuneracións son máis baixas. “Na calidade dos salarios os datos son abrumadores, un terzo dos traballadores galegos cobran o salario mínimo ou menos”, lembrou, “mentres a Xunta non fai nada en políticas de formación”.

O socialista ironizou con que parece que para o conselleiro Galicia vive nun estado “intergaláctico” no que non lle inflúe o contexto global e cuestións como o Brexit ou a situación en EEUU, e tampouco fala sobre cuestións como que vai pasar coa deslocalización co acordo comercial CETA con Canadá.

Plisan e Rozas
Tamén pediu explicacións sobre a Plisan, onde a Xunta acaba de licitar o proxecto da depuradora, cando hai un ano prometían que a estas alturas estarían xa as primeiras empresas instalándose, e pediu que o conselleiro “non engane aos galegos” cando di que xa hai 150 millóns de euros investidos en Rozas. Por outra banda, pediu “un pouco de vergoña allea” cando falan de renovables “despois do que lexislou o PP en Madrid na anterior lexislatura” e recordou “o fracaso estrepitoso” do concurso eólico en Galicia.

“Está vostede entre a realidade e o desexo, que diría Cernuda. Nin unha mala palabra nin un bo feito”, replicoulle Losada ao conselleiro, nunha intervención na que tamén lle lembrou o fracaso no financiamento ás empresas co IGAPE ou no investimento en I+D+i, onde Galicia está á altura de “Ucrania e Turquía”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar