O conselleiro de Educación e Cultura vende plans como nun catálogo de IKEA

O conselleiro de Educación e Cultura vende plans como nun catálogo de IKEA

O conselleiro de Educación e Cultura vende plans como nun catálogo de IKEA

O portavoz de Educación do grupo socialista, Luis Álvarez, respostou hoxe á comparecencia do conselleiro de Educación e Cultura ironizando con está “asoballado” pola súa venda de novos plans “como nun catálogo de IKEA” que en realidade están “baleiros” e sen orzamento. Tamén lle reprochou que todas as iniciativas presentadas polos socialistas para mellorar a educación “teñan un mesmo destino predeterminado” e sexan rexeitadas. “Vostede non é un interlocutor cualificado para falar de consenso”, afirmou.

O socialista criticou o anuncio dun “plan estratéxico cultural” xa comprometido noutras ocasións. “Despois de oito anos gobenando veñen a facer un plan, o que demostra que ata agora non o tiñan e era todo improvisación”, destacou Álvarez, que lembrou que desde 2009 a 2017 a cultura recibiu un 55% menos de orzamento, una redución que quintuplica a dos Orzamentos da Xunta. “Dicir que a cultura é unha prioridade é aritmeticamente insostible”, replicou.

Por otra banda, criticou o abandono das industrias culturais e o anuncio dun “plan milagroso para o patrimonio cultural e a dixitalización”, cando o patrimonio galego está “totalmente abandonado” polo goberno galego, e destruído nun 30%, con denuncias de asociacións mentres se lle pagan 300.000 euros “a algún singular cantante ou artista”.

Con respecto á lingua galega, o socialista afirmou que as políticas da dereita “provocan o proceso de desgaleguización da sociedade”, o que é cuestión de alarma desde a RAG ou o Consello da Cultura. “O galego é a única lingua do Estado que perde falantes”, dixo. Con respecto ao plan de potenciación do uso do galego, lembrou que xa fora comprometido en marzo de 2015. “Que estiveron facendo durante estes dous anos?”, preguntou, e lamentou que “reparten etiquetas” como a de centros plurilingües, e iso “non preocuparía se detrás desa etiqueta houbese algo de contido”.

Álvarez censurou tamén o rexeitamento de varias iniciativas dos socialistas, entre elas a da prohibición do reparto dun panfleto homófobo nos centros escolares. “Que farán se o famoso bus laranxa quere pasear por Galicia? Igual nese momento din que é competencia dos concellos”, apuntou.

No referente ao ensino, o socialista criticou a xestión da FP Dual “Tiveron que publicar vostedes tres ordes en xuño, agosto e setembro para estabilizar a oferta,pola improvisación ou a dificultade de poñela en marcha”, dixo, e cun plan estratéxico “sen formación, sen orzamentar e baleiro”. Tamén reclamou a recuperación das condicións laborais do profesorado previas á crise “Para iso non teñen plan?”, reprochou, como tampouco para eliminar as subvencións aos centros que segregan por sexo.

Por último, apuntou que as universidades gaegas teñen un financiamento similar a 2006, con mil postos de traballo menos entre profesorado e persoal investigador entre 2010 e 2015, e cunha redución das bolsas estatais de máis dun 21%.

Con este panorama, e volvendo ao símil do catálogo de IKEA, Álvarez afirmou que na contraportada dese catálogo deberían advertir: “Revisen vostedes as cualidades do produto antes de mercalo”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar