O Congreso aproba unha transaccional para executar de xeito urxente o acondicionamento da N-550 ao seu paso por Padrón

O Congreso aproba unha transaccional para executar de xeito urxente o acondicionamento da N-550 ao seu paso por Padrón

O Congreso aproba unha transaccional para executar de xeito urxente o acondicionamento da N-550 ao seu paso por Padrón

A Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados aprobou esta mañá por unanimidade unha transaccional acordada entre PSOE e BNG pola que se insta ao Goberno a "licitar e executar coa máxima celeridade o proxecto de acondicionamento e mellora da N-550 ao seu paso pola ponte en Padrón", "axilizar a tramitación do estudo informativo Pontecesures-Valga incluíndo o viaduto sobre o río Ulla" e a "consignar, a tal efecto, as previsións presupostarias necesarias".

A transaccional acordada foi posible tras a proposta de acordo realizada en forma de emenda transaccional polo voceiro socialista durante o debate, o deputado socialista pola Coruña Xavier Carro.

Durante a súa intervención, Carro sinalou que "na N-550 se acometeron xa multitude de melloras e mellorouse o ámbito para os veciños, se ben é certo que a N-550 perdeu a súa capacidade como alternativa para a autoestrada do Atlántico"

Así, indicou que "o proxecto de mellora da travesía sur de Padrón que afecta ao barrio da ponte se encontra xa redactado", que "o investimento realizado ata agora foi a asistencia técnica para a redacción do proxecto, sendo vontade do Goberno realizar esta infraestrutura", e que "se fixeron xa as expropiacións de vivendas necesarias".

Respecto á nova ponte sobre o río Ulla, apuntou que "está incluído dentro do estudo informativo do tramo variante de Pontecesures-Valga, que está pendente de ser sometido a información pública,".

De calquera forma, sinalou que "é vontade do Goberno realizar esta infraestrutura e por iso dende o grupo socialista propuxemos unha emenda transaccional -que finalmente foi acordada e aprobada- na que se reflicte de modo claro que o Goberno ten vontade de licitar e executar este proxecto, cuxa tramitación xa está moi avanzada,".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar