O Congreso aproba unha transaccional para asegurar carga de traballo en Navantia

O Congreso aproba unha transaccional para asegurar carga de traballo en Navantia

O Congreso aproba unha transaccional para asegurar carga de traballo en Navantia

O Pleno do Congreso aprobou unha transaccional pola que se insta ao Goberno a adopción dun paquete de medidas encamiñadas a continuar asegurando a carga de traballo dos estaleiros públicos Navantia.

Entre as medidas aprobadas, encóntranse: impulsar un Plan de Traballo que garanta o mantemento dos postos de traballo directos e indirectos nos estaleiros, que a consecución de contratos cos estaleiros da ría de Ferrol sexa prioridade estratéxica para o Goberno, a elaboración dun Plan para que os devanditos estaleiros estean en condicións de operar plenamente en todos os campos da construción naval civil tras o vencemento das limitacións impostas pola Unión Europea (limitacións impostas baixo o Goberno de Aznar), e negociar na UE a anticipación da data de vencemento das devanditas limitacións.

Ademais, a instancias do grupo socialista -que presentou unha emenda de adición- a transaccional aprobada contempla "potenciar a reactivación da Fábrica de Turbinas, en primeiro lugar como elemento altamente competitivo e complementario á reparación de gaseros, e tamén coa recuperación ou aperturar de novas actividades industriais relacionadas co sector enerxético, especialmente o eólico" e "manter o compromiso político e investidor que a través do Programa de Reindustrialización puxo en marcha o Ministerio de Industria para as bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal, dentro do período do actual Marco de Apoio da UE,".

O voceiro socialista durante o debate, o deputado socialista ferrolano Xavier Carro, destacou que "a transaccional que aprobamos hoxe abunda nos obxectivos nos que o Goberno Socialista veu traballando dende o principio: impulsar o sector naval e despexar o futuro de Navantia-Ferrol-Fene".

Así, o deputado recordou que en 2004 o Goberno Socialista se encontrou cun Plan de empresa para o sector naval aprobado no ano 2000 polo Goberno do PP de Aznar que foi un absoluto fracaso, cun sector naval en quebra con 2.600 millóns de euros en perdas (1.249 millóns de euros en sancións da UE) e con 1.000 traballadores de Fene que levaban 2 anos en activo pero sen traballo.

Nesta situación coas peores expectativas -explicou- o Goberno Socialista encarou unha difícil negociación que, grazas á capacidade e experiencia do ministro Solbes, permitiu pechar un acordo no que salvamos unha parte importante do sector naval; un acordo que cumpre coa UE e os compromisos cos traballadores (segundo recolle a Conclusión 5ª do Informe do Tribunal de Contas presentado recentemente no Congreso) e cuxa aplicación levou ao período máis estable e frutífero do sector naval nos últimos 30 anos"

Deste modo, Carro incidiu en que se asinaron contratos importantes como o de Australia, abríronse mercados como a reparación de gaseros e os estaleiros de Ferrol-Fene botaron beneficios a pesar de que o conxunto de Navantia se mantén con perdas. Agora, sinalou que o Goberno está a traballar agora especialmente no ámbito comercial con 43 accións comerciais con 21 países e oferta 15 tipos de buques diferentes. "Esta acción comercial está apoiada polo Goberno e dende o Grupo Socialista compartimos a necesidade de preparar o estaleiro para que en 2015 poida abrirse a outras actividades civís que poidan ser rendibles"

"Tamén se traballa agora, segundo apuntou Carro, na firma dun contrato cunha importante compañía inglesa para o desenvolvemento de parques eólicos mariños no mar do Norte, o que supoñería unha importante carga de traballo e a apertura a un novo mercado,". Ademais, indicou que "a evolución dos prezos do petróleo permite presumir que o mercado off shore pode volver ser rendible nos próximos anos".

Respecto a impulsar a construción dun dique flotante que permita que o centro de reparacións de Navantia en Ferrol poida ofertar tamén a reparación e transformación de grandes buques, o deputado socialista incidiu en que a Ministra Salgado confirmou que "o Goberno non pode financialo porque se consideraría axuda ilegal". Se é o caso, Navantia debería incorporalo ao seu Plan de empresa en función da viabilidade e rendibilidade da devandita infraestrutura.

Así mesmo, Carro destacou durante a súa intervención o acordo do grupo socialista para impulsar un plan de mellora da eficiencia interna de Navantia para evitar duplicidades entre a dirección de Madrid e as factorías, mediante a potenciación de recursos propios como o sistema informático Nécora.

Respecto a levantamento das sancións por parte da UE, afirmou que "os socialistas mantemos esta reivindicación pero non poñeremos en perigo toda a compañía".

Para finalizar a súa intervención, o deputado socialista expresou o compromiso do PSOE e o seu propio co sector naval sostendo que: "os traballadores de Navantia deben saber que este deputado e o PSOE seguiremos defendendo os intereses do sector naval polo ben do emprego e da industria deste país"

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar