O Congreso aproba establecer este ano unha nova relación ferroviaria diurna Galicia-Madrid

O Congreso aproba establecer este ano unha nova relación ferroviaria diurna Galicia-Madrid

O Congreso aproba establecer este ano unha nova relación ferroviaria diurna Galicia-Madrid

A Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados aprobou esta mañá por unanimidade unha transaccional acordada entre PSOE, PP e BNG pola que se insta o Goberno a "que a entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Fomento, RENFE Operadora, estableza unha segunda relación diúrna -matinal- para unir Galicia con Madrid, antes de que finalice 2011, de modo que os usuarios do ferrocarril dispoñan dun servizo axeitado e en igualdade de trato a outras CCAA".

Así mesmo, a "que RENFE Operadora estableza servizos de media distancia entre Ferrol-A Coruña e entre Lugo-Ourense coordinados cos horarios das relacións diúrnas entre Galicia e Madrid para que as cidades de Ferrol e Lugo se poidan beneficiar destas relacións"

A instancias do grupo socialista e do seu voceiro durante o debate -o deputado galego Domingo Tabuyo, a transaccional aprobada incorporou que este novo servizo se realice "en igualdade de trato con outras CCAA".

"Ao igual que respecto ao resto de servizos os galegos gozamos de igualdade de trato que outras CCAA, tamén respecto á relación ferroviaria diúrna Galicia-Madrid debemos dispoñer das mesmas vantaxes".

Neste sentido, destacou "o investimento histórico realizado polo Ministerio de Fomento do Goberno Socialista para dotar a AVE a Galicia das mesmas infraestruturas das que fan uso xa outras CCAA". "O compromiso e a garantía do Ministro José Blanco coa AVE a Galicia quedou patente coa licitación por máis de 5.300 millóns de euros para realizar esta infraestrutura dentro dos prazos previstos e que foron acordados coa Xunta de Galicia no Pacto do Obradoiro" -indicou.

Sobre esta cuestión, Tabuyo engadiu que "a aposta pola AVE con prazos de ámbito a finais de 2015 vai a representar unha auténtica revolución na articulación das conexións Galicia-Madrid e supoñerá garantir mellores prestacións e unha redución significativa dos tempos de viaxe".

"Esta redución dos tempos de viaxe pola entrada en funcionamento da alta velocidade -apuntou- pode supoñer unha maior inclinación dos viaxeiros polo tren fronte ao avión, coa conseguinte repercusión sobre a demanda de servizos ferroviarios, o que pode facilitar a implantación da segunda relación diúrna aprobada hoxe,".

De calquera modo, recordou que "no seu día se considerou a posibilidade de adiantar a saída do servizo diúrno Galicia-Madrid e non chegou a facerse porque tanto clientes coma organismos oficiais solicitaron que se mantivese o horario en vigor".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar