O Congreso aproba, co voto a favor do PSOE, que se debata a reforma da LOREG presentada polo Parlamento de Galicia

O Congreso aproba, co voto a favor do PSOE, que se debata a reforma da LOREG presentada polo Parlamento de Galicia

O Congreso aproba, co voto a favor do PSOE, que se debata a reforma da LOREG presentada polo Parlamento de Galicia

A parlamentaria galega Marisol Soneira defendeu a necesidade de garantir tamén para os españois no exterior o dereito constitucional do voto e criticou que "o BNG votou unha cousa en Galicia e outra hoxe en Madrid"

A secretaria de emigración, Carmela Silva, sinalou a necesidade de corrixir a última reforma e felicitou o Parlamento de Galicia por levar ao Congreso esta iniciativa, aprobada unanimemente baixo o mandato do socialista Pérez Touriño

Avanzan que durante o trámite parlamentario os socialistas formularán a eliminación do voto pregado, facilitar o voto en urna, promover o voto electrónico e a creación dunha circunscrición electoral no exterior

O Congreso aprobou esta tarde, co voto a favor do PSOE e a abstención do BNG, a toma en consideración dunha Proposición de Lei do Parlamento de Galicia, de modificación da LOREG, para posibilitar a homoxeneización do procedemento de voto das persoas residentes no exterior co resto dos cidadáns.

A parlamentaria socialista galega Marisol Soneira sinalou durante a súa intervención que existen máis 1,7 millóns de compatriotas -máis de 400.000 galegos- que están inscritos como residentes no exterior, se ben cos non inscritos podería chegarse a 3 millóns de persoas, e apuntou "a importante caída na participación do voto emigrante pola imposibilidade que encontran para exercer o primeiro dereito político dunha democracia".

"Son máis persoas que as que en total teñen comunidades autónomas como Aragón, Asturias, Murcia ou Estremadura" -indicou. Ademais, engadiu que "estas persoas supoñen un gran valor por ser unha lexión de oportunidades de proxectar España fóra das súas fronteiras" e sinalou que se trata dende persoas sinxelas ata presidentes de goberno, científicos, literatos ou deportistas de elite. "É un patrimonio inmenso case de 3 millóns de embaixadores de España aos que lles negamos a posibilidade de que connosco deseñen un proxecto".

Soneira incidiu no que isto significa "sobre todo en Comunidades Autónomas como Galicia onde a emigración é unha dos seus máis signifcadas sinais de identidade". Por iso, Soneira critica a posición adoptada hoxe polo BNG absténdose na votación da Proposición de Lei no Congreso a pesar de que votou a favor desta no Parlamento de Galicia.

A parlamentaria socialista galega defendeu a necesidade de modificar a LOREG sostendo que "é de leus e de xustiza" e aludiu ao himno galego afirmando " 'os tempos son chegados' de dar resposta ás xustas e lexítimas demandas dos homes e mulleres que senten, viven, aman e levan consigo a súa procedencia".

Tras a súa intervención, explicou que a iniciativa do Parlamento de Galicia pretende facer efectivo o mandato constitucional de igualdade de todos os cidadáns ante a lei, homologar as condicións de seguridade xurídica no voto dos españois no exterior ás que gozan o resto de cidadáns e eliminar a sombra de prácticas perversas facendo que o voto sexa libre, libre, secreto e en urna, nun colexio electoral con mesas, presidentes e vogais, interventores e apoderados, e onde se produza o escrutinio ao remate do proceso".

Pola súa parte, a deputada galega e secretaria socialista de emigración, Carmela Silva, -que interveu durante o debate para fixar a posición do grupo socialista- recordou que "a modificación da LOREG de xaneiro de 2012 que estableceu a obrigatoriedade de solicitar o voto por parte da cidadanía española se realizou para dar maior transparencia e seguridade xurídica no exercicio do dereito de participación electoral". Non obstante, apuntou que a participación electoral diminuíu do 20 ou 30% a cifras do 3 ou 5% e que "unha caída de tal calado no exercicio dun dereito básico non pode deixarnos impasibles".

Así, recoñeceu que "aquela foi unha decisión errónea" e defendeu "que deben tomarse novas decisións que permitan que as españolas e españois no exterior poidan exercer en plenitude os dereitos que lles corresponden". "As dificultades do exercicio do sufraxio no exterior obrígannos a buscar mecanismos, instrumentos e procedementos que permitan a súa superación".

Por iso, felicitou ao Parlamento de Galicia por levar ao Congreso unha iniciativa que foi aprobada por unanimidade sendo presidente un socialista, Emilio Pérez Touriño, e sinalou que "a súa aprobación hoxe nos permitirá abrir o debate e no trámite parlamentario formular as propostas do grupo socialista". Entre estas propostas, Silva avanzou que os socialistas formularán a eliminación do voto pregado, facilitar e perfeccionar o voto en urna, avanzar no uso das novas tecnoloxías, promover o voto electrónico e estudar a creación dunha circunscrición electoral no exterior.

"1,7 mulleres e homes do noso país son case dous millóns de razóns para que aproveitemos esta oportunidade e utilicemos esta iniciativa para volver facilitar o voto no exterior" -reclamou.

Por último, a secretaria socialista de emigración recordou que "o grupo socialista ten no seu haber ser o partido que defendeu sempre á cidadanía española no exterior, pois fomos os que puxemos en marcha os instrumentos de participación e representación dos nosos emigrantes, os que recoñecemos os seus dereitos educativos, culturais, sanitarios, as pensións, dependencia...etc., quen recoñecemos a nacionalidade a fillos e netos de emigrantes na lei de memoria histórica, quen deseñamos e aprobamos o Estatuto da Cidadanía no Exterior, e os que nesta lexislatura presentamos máis iniciativas para defender os seus dereitos e opoñernos aos recortes que sufriu".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar