O Congreso aproba anular a prórroga concedida a ENCE polo goberno de Rajoy en funcións

O Congreso aproba anular a prórroga concedida a ENCE polo goberno de Rajoy en funcións

O Congreso aproba anular a prórroga concedida a ENCE polo goberno de Rajoy en funcións

20160406-FotoGMeijon-IntervENCEO Congreso dos Deputados aprobou unha transaccional acordada entre PSOE e Podemos, a unha iniciativa deste último, pola que se insta ao Goberno a “anular a prórroga outorgada a ENCE na cidade de Pontevedra”.

A transaccional aprobada contempla, ademais, “promover, mediante a presentación do correspondente Proxecto de Lei, a recuperación dos niveis de protección do litoral recolleitos na Lei de Costas 22/1988 do 28 de xullo, deixando sen efecto as modificacións introducidas neste sentido pola Lei 2/2013 do 29 de maio, e as situacións xurídicas particulares xeradas en contra do interese xeral protexido pola Lei”.

O deputado socialista Guillermo Meijón, que interveu no debate como portavoz e defendeu a emenda do Grupo Socialista que deu pé á aprobación da transaccional, defendeu que “a postura dos socialistas é que ENCE si pero non aí”.

Deste xeito, sinalou que a actitude dos socialistas é de “diálogo e firmeza, coa empresa e coas administracións, para a procura de alternativas para a continuidade da actividade industrial fora do emprazamento actual e se é posible na comarca de Pontevedra”.

Meijón criticou que “a prórroga por 60 anos a ENCE foi concedida con nocturnidade e alevosía, pois foi outorgada por un goberno en funcións, pouco despois de presentarse a unhas eleccións nas que Rajoy ocultou á cidadanía pontevedresa, por obvias razóns de cálculo electoral, a postura que ía tomar poucos días despois”. “Todo iso coa necesaria complicidade de Núñez Feijóo”, engadiu.

Así, apuntou que o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade o 8 de xuño de 2010, gobernando xa Núñez Feijóo, “impulsar unha solución concertada con todos os axentes implicados que leve á factoría de Ence fora da ría de Pontevedra antes do ano 2018”.

Así mesmo, lembrou que o portavoz do PP no concello de Pontevedra e deputado no Congreso dixo o 14 de decembro de 2011 frases como “Ence está a aproveitar a crise para perpetuarse na ría, pero a dignidade de Pontevedra non está en venda”, e que o conselleiro de Industria do PP sostivo días antes que “ENCE non poderá seguir a súa actividade empresarial na ría de Pontevedra máis aló de 2018 baixo ningún concepto”.

“Así de rotundo era a mensaxe do PP con Rajoy presidindo o Goberno da crise e os recortes con maioría absoluta, para despois outorgar a prórroga a ENCE con nocturnidade cun goberno en función”, remarcou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar