O Congreso aproba a Lei de Seguridade Alimentaria e Nutrición

O Congreso aproba a Lei de Seguridade Alimentaria e Nutrición

O Congreso aproba a Lei de Seguridade Alimentaria e Nutrición


A Ministra de Sanidade, Política Social e Igualdade, Leire Pajín, sinalou a coincidencia da aprobación da Lei de Seguridade Alimentaria e Nutrición esta mañá no Pleno do Congreso coa crise de seguridade alimentaria orixinada en Alemaña pola bacteria E.coli, que afectou a toda a Unión Europea e que prexudicou especialmente aos agricultores españois.

A este respecto subliñou que "esta Lei adapta e actualiza a lexislación a un novo concepto de seguridade alimentaria, tanto a nivel nacional como europeo. Así mesmo, facilita e propicia a colaboración e coordinación das diferentes administracións públicas competentes". Fomos testemuñas das consecuencias que pode ter nun país forte como Alemaña non dispoñer desa coordinación sólica e eficaz dos diferentes niveis da súa administración".

Pola súa parte, o relator coordinador e voceiro do PSOE para esta Lei, o deputado ourensano Alberto Fidalgo, destacou "o consenso alcanzado entre os distintos grupos parlamentarios para a aprobación desta Lei", "que permitiu chegar a acordos que achegan precisiones valiosas".

Durante a súa intervención, Fidalgo sinalou que "esta Lei facilita os mecanismos que permiten producir e comercializar alimentos con todas as garantías de calidade e seguridade que esixen consumidores informados".

Neste sentido, indicou que "a Lei que hoxe aprobamos pon fin á dispersión normativa actual e unifica a lexislación sobre alimentos e nutrición co obxectivo de reforzar a seguridade dos cidadáns en materia alimentaria".

Así, resaltou que "é necesaria unha visión integral, transversal e multilateral da nutrición, o que implica á agricultura, gandaría, pesca, industria, comercio, hostalaría, gastronomía...etc. e esta Lei dotará" de seguridade e confianza" "dende a horta e a granxa á mesa".

Ademais, apuntou que "esta é a primeira vez que nunha Lei española se inclúen aspectos relacionados coa promoción de hábitos saludades de alimentación, que actúen na prevención de enfermidades, e a prohibición da discriminación por obesidade,"

Así mesmo, referiuse ao "profundo nesgo preventivo, educador e pedagóxico da Lei", do que "esperamos non só un efecto directo sobre a prevención de patoloxías senón tamén sobre a limitación dos niveis de ácidos graxos saturados, azucres e sal nos alimentos e bebidas á venda no ámbito escolar".

"Con este Proxecto de Lei e o seu trámite -sostivo- demostramos que a política e máis concretamente estas Cortes Xerais están ao servizo do interese dos cidadáns, o que realmente lles interesa, das súas condicións de vida, da súa calidade de vida, da súa saúde e da súa seguridade, da vida real nunha democracia real".

A adopción dunha estratexia glogal para promover unha alimentación saudable foi unha das liñas prioritarias da actividade política do deputado ourensano Alberto Fidalgo, que xa en 2003 presentou unha Proposición non de Lei no Congreso para a elaboración dun Plan Nacional de Alimentación e Nutrición para a saúde; iniciativa que foi rexeitada polo Goberno de Aznar pero que foi recollida posteriormente no programa electoral do PSOE de 2004, que deu orixe á Estratexia Naos, que agora se ve reforzada tamén no texto da Lei aprobada hoxe.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar