O Congreso aproba a integración do Rexime Especial Agrario no Rexime Xeral da Seguridade Social

O Congreso aproba a integración do Rexime Especial Agrario no Rexime Xeral da Seguridade Social

O Congreso aproba a integración do Rexime Especial Agrario no Rexime Xeral da Seguridade Social

A Comisión de Traballo do Congreso dos Deputados aprobou esta semana, con competencia lexislativa plena, o Proxecto de Lei polo que o Réxime Especial Agrario intégrase no Réxime Xeral da Seguridade Social.

Poderanse integrar así ao Réxime Xeral os traballadores por conta allea que actualmente se atopen no Réxime Especial Agrario da Seguridade Social e os empresarios aos que prestan os seus servizos, tamén incluídos neste réxime. Os traballadores estarán incluídos tanto durante os períodos en que efectúen labores agrarios, como durante os períodos de inactividade, sempre que realicen un mínimo de 30 xornadas reais nun período continuado de 365 días. Ademais, establécese a posibilidade de que os traballadores agrarios por conta allea contratados a tempo parcial coticen de forma proporcional á parte da xornada que realicen.

A Presidenta da Comisión, Elena Espinosa, destaca que “este Proxecto de Lei -froito do consenso entre sindicatos, organizacións agrarias, empresariais e goberno- fai realidade unha reivindicación histórica dos traballadores do campo”.

Así explica que os cambios laborais, económicos, sociais e demográficos que experimentou o sector agrario desde o ano 1966 –ano no que se estableceu o Réxime Especial Agrario- deron lugar a desaxustes na protección social dos traballadores agrarios, impedindo a súa plena equiparación á percibida por aqueles que prestan os seus servizos noutros sectores económicos”.

Como exemplo, Espinosa lembrou que no réxime xeral a pensión media de xubilación ascende a 1.130,33 euros/mes e no sector agrario a 580,87 euros/mes, a pensión media por incapacidade permanente é de 958,13 euros/mes en xeral e de 500,27 euros/mes no agrario e a media de cotización do réxime xeral é de 1.700 euros/mes e no agrario de 986 euros/mes.

“O Proxecto de Lei que aprobamos –incide- equipara as prestacións dos traballadores agrarios co resto dos traballadores por conta allea pondo fin á desigualdade existente respecto da súa protección social”.

Así mesmo, sinala que “se compatibiliza a mellora da acción protectora dos traballadores co mantemento da competitividade das explotacións agrarias”. Para iso, apunta que a equiparación das prestacións se efectuará de forma progresiva, evitando un incremento dos custos que poida ser prexudicial para a competitividade e o emprego das explotacións agraria. A este fin, adóptase un período transitorio de adaptación de vinte anos.

“A aprobación deste Proxecto de Lei –considera- supón un incentivo para o desenvolvemento e a creación de emprego no sector agrario”

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar