O compromiso de Feijóo co dique flotante de Ferrol limítase a "publicidade, propaganda e enganos"

O compromiso de Feijóo co dique flotante de Ferrol limítase a "publicidade, propaganda e enganos"

O compromiso de Feijóo co dique flotante de Ferrol limítase a "publicidade, propaganda e enganos"

O PP rexeita unha iniciativa socialista para construír o dique flotante e acadar contratos para construír buques civís logo do remate do veto a Navantia, en 2015

Abel Losada sinala que o naval “nin sequera é un sector estratéxico para o goberno galego” mentres Ferrolterra padece un desemprego do 33 por cento, “propio de países en vías de desenvolvemento”

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, sinalou que o PP ten constatado hoxe unha vez mais que o compromiso de Feijóo co dique flotante de Ferrol “non é mais que publicidade, propaganda e enganos”. Así o dixo logo de que o PP rexeitara unha proposición non de Lei en Comisión para pedirlle á Xunta que desbloquee a construción da infraestrutura.

Losada reclamara nesta iniciativa o compromiso do Goberno galego para acadar a construción do dique fundamental para o naval ferrolá nun prazo de 3 meses, así como a adopción de medidas inmediatas para acadar traballo civil unha vez levantado o veto a Navantia, o próximo 1 de xaneiro.

Advertiu que a Xunta non considera ao sector naval como un sector estratéxico para a economía galega malia que resulta “fundamental” para Galicia, e nomeadamente para unha comarca como Ferrolterra, que ten un 33 por cento de desemprego, “propio de países en vías de desenvolvemento”. Así o evidencia que non aparecera sinalado no plan estratéxico presentado por Marta Fernández Currás cando era conselleira de Facenda.

Así o evidencia tamén que nos plans dos gobernos do PP non apareza mencionado o paquete de reactivación económica de 300.000 millóns de euros que anunciou o comisario Junker, e dos que a España corresponderíanlle 30.000. Losada amosou a súa sorpresa por non terlle escoitado “nin ao ministro Soria, nin a Feijóo nin a ninguén do PP ningún intento de acceder a ditos fondos”.

Censurou que o propio Feijóo non teña feito polo dique flotante nada mais que presentarse como “o garante” da infraestrutura en plena campaña electoral, un engano que os cidadáns de Ferrolterra non asumiron. Así o constata a “fuxida pola porta do garaxe dun hotel dos conselleiros Rueda e Guerra –en plena protesta do naval-, mais digna de French Connection que da vida política normal”.

Criticou tamén o desleixo do goberno galego á hora de afrontar o remate do veto da construción civil para Navantia, que remata o 1 de xaneiro, e que fai pensar que “queren limitar os estaleiros de Ferrolterra á construción militar”. Criticou que o presidente da Xunta “non ten mais que boas palabras e de pontificar no Parlamento para reclamarlles a Navantia que busque clientes”.

Mentres, a situación sociolaboral da comarca e de todo o sector naval é “dramática”, e o goberno galego tan só acadou a construción dun flotel para Ferrol e outro para Vigo, que dan traballo a 250 persoas fronte aos milleiros de despedimentos. Lembrou que o contrato, que tratou en constatarse dous anos e medio, en realidade resulta un “negocio redondo” para Pemex, que a cambio traslada a tecnoloxía galega a México.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar