O compromiso de devolver o helicóptero de salvamento á Costa da Morte, un anuncio electoral do goberno

O compromiso de devolver o helicóptero de salvamento á Costa da Morte, un anuncio electoral do goberno

O compromiso de devolver o helicóptero de salvamento á Costa da Morte, un anuncio electoral do goberno

O deputado socialista Francisco Caamaño cualificou hoxe de “anuncio electoral”, diante da cercanía das eleccións municipais, o compromiso da Xunta de devolver o helicóptero de Salvamento Marítimo á base de Ruíbo, en Cee. Os socialistas preguntaron hoxe no Parlamento sobre a retirada do dispositivo da zona co tráfico marítimo mais intenso da UE.

Caamaño acusou hoxe ao goberno galego de dar “amparo ás desculpas permanentes” de Fomento para retirar o helicóptero de Salvamento Marítimo da base de Ruíbo, en Cee. Criticou que o goberno central retirara o helicóptero “primeiro por unha suposta avaría, que despois resultou que era para facerlle reformas, e a continuación nos dixeron que era porque non había estación meteorolóxica; e agora que a Axencia Estatal de Seguridade Aérea tiña pendente dar o seu visto bo ao carecer de dispositivo de vo nocturno”.

A realidade é que o helicóptero foi trasladado a Compostela, polo que Caamaño acusou ao Ministerio de Fomento de “non saber xestionar” e lle dixo ao goberno galego que “ten que reclamar, preocuparse e insistir” para que a zona non quede sen un dispositivo fundamental para a xente do mar.

Advertiu do “risco de que pasadas as eleccións sigamos un ano mais sen helicóptero”, mentres a ministra de Fomento anuncia unha nova dotación para A Coruña, que saudou “porque ten que ser benvida, como calquera mellora nos dispositivos de seguridade”.

Salientou a imperiosa necesidade de mellorar a base de salvamento de Ruíbo, precisamente por ser a que está mais preto da vía marítima que transcorre por diante do Cabo Fisterra. Lembrou que se trata da costa mais dura de Galicia, o punto co maior tráfico marítimo e polo tanto os maiores niveis de risco e advertiu ademais que ao retirar o helicóptero daquela base, o goberno está a incumprir os tempos de resposta fixados na normativa internacional.

Xa que finalmente se acadou unha reivindicación da xente da zona, ter unha base de salvamento que non a desmantele por ter sido construída por un goberno dunha cor distinta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar