O comportamento dos servizos públicos no accidente de Angrois deberan facer reflexionar ao PP sobre os recortes

O comportamento dos servizos públicos no accidente de Angrois deberan facer reflexionar ao PP sobre os recortes

O comportamento dos servizos públicos no accidente de Angrois deberan facer reflexionar ao PP sobre os recortes

A portavoz socialista na Comisión Primeira do Parlamento, Beatriz Sestayo, criticou que o Partido Popular aproveitara a comparecencia a petición propia do Vicepresidente da Xunta para informar sobre o dispositivo posto en marcha pola Xunta de Galicia con motivo do accidente ferroviario que tivo lugar en Santiago de Compostela o pasado 24 de xullo de 2013, para a procura do agradecemento da Cámara pola coordinación, como así fixo a voceira do Grupo Popular, ata en tres ocasións.

Sestayo condenou que Alfonso Rueda esquivara as preguntas dos grupos parlamentarios e viñera a gabarse do traballo que tiñan obriga de facer. A socialista considerou mais merecedores do agradecemento da cámara e da sociedade aos bombeiros que abandonaron a folga polas súas condicións laborais, os sanitarios que soportan os recortes e as privatizacións, os estudantes que abandonaron a súa protesta polas redes sociais para chamar á doazón de sangue e aos veciños de Angrois que supliron a tardanza dos medios humanos e materiais.

Sestayo reclamou ao Conselleiro da Presidencia “máis humildade, menos soberbia e respecto ás vítimas”. A portavoz socialista coincidiu con Rueda en salientar a profesionalidade e a eficacia dos profesionais dos servizos de emerxencia, sanitarios, persoal administrativo e corpos e forzas de seguridade.

Sen embargo discrepou sobre a eficacia da coordinación dos mesmos por parte do responsable da Xunta, xa que a todos os grupos lles constaban comentarios e informes salientando a ausencia da mesma. Así, revelou a deputada socialista, os profesionais optaban por “organizarse entre eles”, mesmo para a localización do lugar do accidente, como para a procura, por exemplo, de material para a excarcelación. “O mando único non existiu” afirmou Sestayo, “foi a policía local a que pediu máis ambulancias”, engadiu.

A parlamentaria socialista propuxo ao número dous do Goberno galego “unha reflexión sobre a reversión dos recortes que estiveron e están a promover os populares nos servizos públicos”, ata restablecer o Estado de Benestar existente con anterioridade.

A portavoz de Xustiza socialista insistiu en preguntar ao conselleiro da Presidencia si se cumpriu ou non a Lei de Emerxencias, concretamente no artigo 46, disposicións adicional 2ª e transitoria 3ª. Lamentou que esta cuestión quedara sen responder, así como quen e cando se activou o Platerga 2, o plan de emerxencias en nivel autonómico, así como os protocolos que se activaron.

Tampouco obtivo resposta de Rueda sobre os motivos polos que se dou por pechado o dispositivo cando o propio conselleiro aínda consideraba a posibilidade de atopar máis corpos no interior dos vagóns.

A pesares da insistencia da deputada, o representante do Goberno non sinalou ao responsable das derivacións hospitalarias ou os motivos polos que faltaron xeradores de electricidade.

Se non ven aquí a contestar preguntas a que ven?, espetou a deputada socialista ao Vicepresidente galego.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar