O cheque de material escolar de Feijóo constitúe unha esmola electoral absolutamente insuficiente

O cheque de material escolar de Feijóo constitúe unha esmola electoral absolutamente insuficiente

O cheque de material escolar de Feijóo constitúe unha esmola electoral absolutamente insuficiente

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, cualificou de “esmola electoral” o anuncio do presidente da Xunta dun cheque de 40 euros para adquisición de material escolar. O responsable socialista cualifica a proposta de “ocorrencia publicitaria” preparada para ser aplicada “en plena campaña electoral” no mes de setembro.

Criticou que “logo de denegarlle a gratuidade de libros de texto a 80.000 estudantes galegos, o presidente da Xunta anuncia axudas de 40 euros para 70.000 estudantes”. denuncia que a Xunta “provoca de novo solicitudes, burocracia engadida, denegacións e problemas para outorgar unha axuda de 40 euros cando o custe medio en material escolar rolda os 150 euros”.

Advirte do “claro carácter preelectoral” dunha medida que será aplicada no primeiro trimestre do curso, coincidindo coa campaña electoral, cun custe estimado de 2,8 millóns de euros. Unha vez mais, dixo, “a Xunta crea liñas de esmola para continuar mantendo a dependencia das familias mentres denega dereitos como a gratuidade dos libros de texto e o material escolar”.

Critica unha “política de esmolas en lugar de dereitos, dependencia en lugar de autonomía e discriminación en lugar de igualdade”, mentres os últimos datos confirman que “está baixando a equidade do sistema educativo”. Sinalou que “hoxe Feijóo situou o ensino galego ao nivel de México” mentres as diferenzas entre os resultados dos estudantes nos centros privado e públicos cuestionan o modelo de concertos.

Libros gratuítos

Os socialistas galegos reclamaron a gratuidade universal dos libros de texto e do material escolar cun custe soportable nos orzamentos actuais “e o único sistema que garante a igualdade e a non discriminación”. Ademais, engade, “está demostrado que o sistema actual de gratuidade parcial é mais caro, máis ineficiente, obriga a unha enorme burocracia e deixa sen prestación ao 40 por cento dos estudantes”.

Romeu advertiu que “a idea do PP e do seu presidente non pasa por garantir o dereito do acceso universal e gratuíto aos libros de texto”, senón por defender un modelo demostrado como “inxusto, cambiante e trapalleiro”. Criticou a súa “ansia obsesiva de cambiar e botar por terra o sistema universal xeneralizado polo goberno do presidente Touriño”, que se demostrou “mais eficiente e económico”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar