O canxe por accións suporá aos preferentistas a perda dos seus aforros

O canxe por accións suporá aos preferentistas a perda dos seus aforros

O canxe por accións suporá aos preferentistas a perda dos seus aforros

A viceportavoz do Grupo Socialista,Carmen Gallego, declarou hoxe que o anuncio da presidenta da CNMV de que entre o 17 e o 28 de xuño se procederá ao canxe das preferentes por accións de Novaglicia trátase “dunha segunda quita” que se ten que sumar á que aprobou o Goberno de Rajoy o 22 de marzo.

“Estamos vendo o que pasa con Bankia: perderon todo o seu valor”, advertiu Gallego quen afirmou que “o mesmo vai pasar cos galegos e coas galegas que teñen participacións preferentes e accións subordinandas”.

A parlamentaria e Secretaria de Coordinación Económica e de Emprego da Executiva do PSdeG-PSOE esixíu a Feijóo que “deixe de enganar” aos preferentistas e que lle diga aos estafados “a verdade” que é que “no mes de xuño van perder os seus aforros”.

Por moito que o Presidente da Xunta “pretenda disfrazalo votando iniciativas a favor aquí e que o seu grupo vota en contra en Madrid” a realidade é que “estas persoas están abandonadas polo seu Goberno”. Recrimina ao Executivo de Feijóo que, en lugar de darlle unha solución “esta a cometer unha nova estafa con eles: a estafa da mentira”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar