O candidato do PP para Ourense vota contra a mellora da sanidade na cidade

O candidato do PP para Ourense vota contra a mellora da sanidade na cidade

O candidato do PP para Ourense vota contra a mellora da sanidade na cidade

hospital_chouA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, criticou hoxe que o candidato do PP á alcaldía de Ourense, o ex conselleiro e aínda deputado Jesús Vázquez, vote xunto co seu grupo parlamentario en contra da mellora da sanidade da cidade. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei do Grupo Socialista para a mellora das prestacións sanitarias en Ourense.

Desafiou a Vázquez a demostrar o seu compromiso con Ourense rompendo a disciplina de voto do seu Grupo para situarse “do lado dos ourensáns e ourensás”. O PP anunciou hoxe o seu voto en contra de dita iniciativa, que será votada mañá, ao que Acuña respondeu que “resulta moi difícil de crer que poida ser un bo candidato quen é designado a dedo por Feijóo en contra da súa vontade e que renega da cidade por ter que obedecer”.

A portavoz socialista considera “difícil de explicar” que quen pretende xestionar o Concello estea de acordo cunha “nefasta xestión” sanitaria liderada pola “curmá do presidente”, a xerente da área sanitaria, que provocou un “alarmante deterioro e desmantelamento da sanidade ourensá”, que foi “enviada á UCI” polos “recortes e mais recortes” do goberno galego.

Ademais, dixo, está a demostrar que está “de acordo con que os cartos de todos os veciños e veciñas da cidade que aspira a gobernar se destinen a empresas que a cambio financian ao PP de forma ilegal”, en alusión ás denuncias do que fora xerente do seu partido en Ourense, implicando a mais de 34 cargos.

Os socialistas galegos reclamáronlle ao goberno galego que proceda ao “inmediato desbloqueo das obras de ampliación do CHUOU, mediante a fixación dunha data de inicio e finalización das obras, garantías legais para a súa execución e modelo de financiamento”.

Criticou o “empecinamento” do PP por “desmantelar o público e privatizalo todo, mantemento, subministro enerxético, tecnoloxía, innovación, mentres vamos de colapso en colapso”.

Os socialistas tamén lle esixiron ao goberno galego que “garanta a construción do novo centro de saúde do Vinteún, que tampouco conta neste momento con orzamento nin data de inicio ou finalización”. En definitiva, esixen a “completa restauración do nivel de prestacións sanitarias esenciais en Ourense, especialmente no que atinxe á cirurxía pediátrica” para revertela “ao punto orixinal”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar