O Camiño Real de Vilar de Fraga, ameazado pola construción dun campo de tiro olímpico

O Camiño Real de Vilar de Fraga, ameazado pola construción dun campo de tiro olímpico

O Camiño Real de Vilar de Fraga, ameazado pola construción dun campo de tiro olímpico

A portavoz de Cultura do Grupo socialista, Concepción Burgo, presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamar a protección do Camiño Real de Vilar de Fraga, na parroquia de Soandres –A Laracha-, que coincide cun tramo da Vía XX romana, Per Loca Marítima.

A responsable socialista alertou de que esta vía está ameazada actualmente pola construción dun campo de tiro olímpico, e “sen ningún tipo de medida de protección, polo que vai ser modificada ou incluso destruída”. Lembra que o propio catedrático de Urbanismo Carlos Nárdiz Ortiz alertou da necesidade de protexer o tramo no encontro sobre as vías romanas organizado polo Consello da Cultura este mesmo ano.

Burgo reclama que o tramo sexa inscrito no Catálogo de Bens de Patrimonio Cultural de Galicia e que se lle apliquen medidas cautelares de protección para preservalo da construción do campo de tiro olímpico. Ademais propón pedirlle ao Consello da Cultura Galega un informe sobre a coincidencia do Camiño Real coa Vía romana e as medidas necesarias para a súa protección.

A responsable socialista lembra que a actual Lei de Patrimonio Cultural de Galicia “establece unha nova categoría de ben, as vías culturais, abrindo a posibilidade dunha protección máis efectiva dos distintos camiños”.

Sinala que esta vía entraría naquela categoría, e polo tanto merecería ser protexido, xa que as vías romanas, explica, contan con “notables investigacións” pero “aínda fica moito por coñecer, incluso novos trazados ata o de agora sen investigar”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar