O cambio tranquilo encabezado polo PSdeG é a "cura de humildade" que Feijóo e Rajoy precisan

O cambio tranquilo encabezado polo PSdeG é a "cura de humildade" que Feijóo e Rajoy precisan

O cambio tranquilo encabezado polo PSdeG é a “cura de humildade” que Feijóo e Rajoy precisan

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, pediu hoxe o voto da maioría dos galegos e das galegas, que queren un cambio tranquilo, razoable e solvente, e que queren responder cunha “cura de humildade” á “arrogancia” de Feijóo e Rajoy. Así o dixo nun acto electoral en A Estrada –Pontevedra-, no que interviñeron o ex alcalde e candidato nº 11, José Dono, o cabeza de lista, Abel Losada, e a número 2, Patricia Vilán.

Fernández Leiceaga lembrou que o 60 por cento dos galegos e das galegas aseguran que queren un cambio de goberno e, dixo, “os socialistas somos a súa resposta porque somos os únicos capaces de garantir o cambio que precisa Galicia: tranquilo, razoable e solvente”. Enfronte sitúase, dixo, un Feijóo que “sabe que a maioría da xente non quere que goberne o PP e por iso agocha as súas siglas”.

Feijóo e Rajoy, continuou, “cren que xa está todo feito, falan de que conseguirán máis que a maioría absoluta, a súa arrogancia lévaos a pensar que as eleccións son un trámite que non serve para nada, que xa está todo decidido”. Advertiu que a realidade é que “nos xogamos moito, temos que decidir o camiño para o futuro dos galegos e das galegas”.

Non merece ser elixido

O candidato socialista dixo hoxe que “un político que renuncia a gobernar non merece ser elixido”, en alusión ás declaracións de Feijóo nas que respondía cunha “renuncia expresa a exercer as competencias que lle da o Estatuto e a pedir novas transferencias”.

Fernández Leiceaga apuntou que “chegou a hora da boa política, nin a vella nin a de mensaxes baleiras de contido: a da boa política e a dos gobernantes exemplares, a do partido socialista”. Apelou así aos votantes progresistas “para agrupar no PSOE o desexo maioritario de cambio que hai en Galicia”.

Chamou ao voto porque, dixo, “o futuro non está escrito, vamos escribilo nós co noso voto, vamos a conquistalo votando socialista”, e alertou “fronte aos agoreiros da dereita que queren convencernos de que todo está feito porque non é certo, son os cidadáns os que decidiremos os próximo domingo a Galicia que queremos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar