O cambio que promete Rajoy empezou en Galicia hai dous anos, e dende entón perdemos as caixas e dobramos o paro de España

O cambio que promete Rajoy empezou en Galicia hai dous anos, e dende entón perdemos as caixas e dobramos o paro de España

O cambio que promete Rajoy empezou en Galicia hai dous anos, e dende entón perdemos as caixas e dobramos o paro de España

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, afirmou hoxe en Ourense que “nós traballaremos para facer o cambio do cambio”, en alusión ao lema de campaña do PP e a que en Galicia coñecemos xa as receitas do PP contra a crise, polo que partimos con vantaxe.

Pachi Vázquez afirmou que “hai partido”, e que vamos a darlle unha sorpresa a quen pensa que xa sabe o resultado das eleccións, porque a nosa vantaxe é que o cambio que promete o PP aquí empezou hai 2 anos e 8 meses, e dende entón en Galicia o paro medra o dobre que en España, e a nosa comunidade está máis endebedada, 10.000 millóns de euros.

Apuntou que o paro se dispara entre os traballadores das políticas sociais, sector no que aumentou nun 380%, porque están desmontando os sistemas sociais; en sanidade aumentou o 40%, e en educación un 20%.

“Esa é a realidade do cambio que anuncia o PP para España e que nós xa estamos sufrindo en Galicia”, aseverou, polo que “nós traballaremos para facer o cambio do cambio”.

Ademais recordou que “o campión da fusión” deixou a Galicia sen as dúas caixas que tiña e cun só banco co 7% de titularidade galega.

Tamén recordou que en Ourense sempre sufrimos a lacra dos lumes, pero nunca tiveramos un incendio que durara entre o 2 e o 23 outubro, que se apagou porque empezou a chover, e criticou que ao mesmo tempo Feijóo estaba na Arxentina pedindo votos e o delegado da Xunta no Bernabeu.

O secretario Xeral do PSdeG advertiu que o PP “ladrillo a ladrillo” vai desmontando o edificio do noso estado de benestar, polo que pediu o voto a ese 30% de cidadáns indecisos aos que recordou que “se a esquerda vota gaña a esquerda, e se a esquerda queda na casa gaña a dereita”.

O ministro de Fomento, e vicesecretario Xeral do PSOE, José Blanco, anunciou na súa intervención que nos próximos días asinará un acordo co Concello de Ourense para ceder o ramal sur da estrada N120, e poder executar as obras do Boulevard Termal de Ourense.

Blanco lembrou tamén que nos próximos días se coñecerá quen será os responsables de facer o gran proxecto da estación intermodal de Ourense, e que o Goberno de España respondeu aos compromisos que se foron adquirindo con Ourense e con toda Galicia.

Blanco dirixiuse ás persoas desencantadas coa política, aos que lles dixo que “se o 20N gaña o PP deixarán de estar desencantados para estar deseperados”.

Ademais advertiu dos recortes anunciados por Rajoy, que “como vai de sobrado hoxe deixou un poquito o depende”, e dixo que iba meter a tesoira en todo a excepción da sanidade e a educación, materias que son competencia das comunidades autónomas e nas que xa están recortando, “como sabemos ben”.

Así, apuntou que o PP meterá a tesoira na dependencia, na protección por desemprego e paralizará o AVE galego.

A Secretaria de Estado de Igualdad e candidata ao Congreso por Ourense, Laura Seara, destacou na súa intervención que “nun momento de crise como o que estamos a vivir, o Goberno de España e os socialistas arrimamos o ombro, e sen embargo o PP dedicouse solo a falar mal do noso país”. “Levan moito tempo falando mal do noso país e agora Rajoy promete felicidade”, ironizou.

Neste senso, Seara preguntouse “de qué felicidade fala Rajoy; se fala da felicidade de cargarse a sanidade pública, ou da felicidade de ver como a Xunta despide a centos de profesores”, e rematou asegurando que “para saír desta crise non fai falta prometer felicidade como fai Rajoy, senón crer neste país e na súa xente”.

Laura Seara aseverou que estamos nun momento no que “hai que loitar polo Estado do Benestar que tanto nos custou conseguir” e por eso se comprometeu a que “o meu voto no Congreso, como o dos meus compañeiros de partido, non vai contribuír nunca a ningún recorte social”.

A candidata ao congreso por Ourense dixo tamén que “hoxe as políticas de igualdade son unha necesidade, non se pode desperdiciar a metade do talento da poboación que está en mans das mulleres”, sentenciou. “As mulleres queremos decidir sobre a nosa maternidade, non imos permitir que nos impoñan o catecismo relixioso que tanto lle gusta a Rajoy”.

Laura Seara vinculou aos gobernos do PP con recortes, e sentenciou que “todos os avances sociais neste país levan a firma de Felipe González e José Luis Rodríguez Zapatero, que foron os que fixeron que este país xa non volva a ser o mesmo”.

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez engadiu que “somos un partido de principios, principios que nos diferencian do PP, somos o partido da igualdade, das políticas sociais, da dependencia; en definitiva somos o partido que defende o Estado do Benestar”.

Aseverou que “non hai nada decidido, os partidos hai que disputalos e aquí estamos os socialistas para pelear este partido”, sentenciou

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar