O "brutal recorte" en educación ambiental provocou a redución da recollida selectiva de lixo nun 34 por cento

O "brutal recorte" en educación ambiental provocou a redución da recollida selectiva de lixo nun 34 por cento

O "brutal recorte" en educación ambiental provocou a redución da recollida selectiva de lixo nun 34 por cento

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, advertiu hoxe que o “brutal recorte” de recursos e actividades en educación ambiental, situándoa ao límite da súa desaparición, ten provocado a baixada de recollida selectiva de lixo nun 34 por cento en Galicia. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Medio Ambiente celebrada hoxe no Parlamento.

Vilán explicou que a Xunta ten reducido un 70,8 por cento o orzamento destinado a educación ambiental entre 2009 e 2015, pasando de 13,5 a tan só 3,9 millóns de euros neste período.

lamentou o “alarmante retroceso” na Estratexia Galega de Educación ambiental, aprobada en 2000 e que hoxe está absolutamente esquecida polo goberno de Feijóo. Así o evidencia o peche e infrautilización dos equipamentos públicos, en concreto os centros de interpretación e aulas de natureza, que logo de rematar os seus contratos co goberno non teñen previsto a súa renovación, abocándoas á inactividade.

Este é o caso dos centros de interpretación do Monte Aloia e de Corrubedo, a piques de rematar os seus contratos sen que teñan noticia dos concursos para establecer novos contratos de xestión.

Ademais, dende hai anos o sistema educativo viu desaparecer a educación ambiental, cunha decrecente presenza nos currículos escolares e na formación do profesorado. Finalmente, criticou o “despilfarro de recursos e falla de coordinación entre administracións coa desaparición de programas, o freo na actividade de equipamentos ou a descoordinación e disparidade de criterios”.

Patricia Vilán sinalou que “reducir e eliminar a educación ambiental das políticas e das estratexias de desenvolvemento é irresponsable e vai contra todas as recomendacións existentes no eido do desenvolvemento sostible e a promoción da sostibilidade”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar