O apoio á competitividade do Igape é "mercancía vella"

O apoio á competitividade do Igape é "mercancía vella"

O apoio á competitividade do Igape é "mercancía vella"

Igape pequenaO portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, advertiu hoxe que os instrumentos de apoio á competitividade empresarial presentados hoxe no Parlamento polo director xeral do Igape son “mercancía vella con papel de regalo novo”. Na súa comparecencia en Comisión parlamentaria, advertiu que tódolos mecanismos “xa existían” e sinalou que “non somos capaces de ver qué hai de novo”.

O responsable socialista advertiu do fracaso da dirección política do Instituto Galego de Promoción Económica –Igape- ao unir unha redución drástica do seu orzamento con un nivel de execución orzamentaria “ridículo”. Explicou que, por enriba de “calquera intento de camuflar, travestir ou ocultar” os seus orzamentos, estes teñen pasado de 300 millóns de euros en 2009 a apenas 83 en 2015, unha caída do 75 por cento.

Estes condicionantes anticipan o fracaso de calquera dos tres obxectivos que marcou o seu responsable, como son a competitividade, a internacionalización e o financiamento das empresas galegas.

Lembrou neste sentido que o nivel tecnolóxico das empresas galegas “é baixo” mentres o goberno galego sen encarga de cercenar calquera posibilidade de impulsar a súa innovación. Así, o investimento destinado a I+D+i polo goberno galego sitúase no entorno do 0,86 por cento, a nivel de Ucraína e Turquía e a metade de economías próximas como a de Portugal, que lle dedica un 1,24 por cento.

Internacionalización e financiamento

O balance a nivel de impulso da internacionalización das empresas galegas constitúe un novo fracaso do goberno galego, como evidencian os resultados que revelan que no ano 2014 Galicia diminuíu un 3,2 por cento, fronte a un aumento do 2,6 do goberno central, que aumenta debido á “brutal devaluación salarial”.

O mesmo camiño segue o suposto esforzo no impulso ao financiamento que supostamente debera tutelar o goberno galego a través do Igape. Polo contrario, dixo, demostrou a súa verdadeira opinión por boca precisamente do director da Área de Internacionalización do Igape, Abel Veiga, quen no pasado marzo sinalara que “as subvencións son un cancro”.

Concluíu que a actuación do Instituto “en termos cuantitativos non resiste comparación co bipartito”, que lle destinaba un 75 por cento mais de orzamento e que foi o primeiro goberno en habilitar medidas extraordinarias de apoio ao financiamento en febreiro de 2008 baixo a presidencia de Emilio Pérez Touriño.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar