O anuncio de aumentar o persoal de servizos sociais dos concellos é "públicidade e propaganda"

O anuncio de aumentar o persoal de servizos sociais dos concellos é "públicidade e propaganda"

O anuncio de aumentar o persoal de servizos sociais dos concellos é “públicidade e propaganda”

Carmen GallegoA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, dixo hoxe que o anuncio do conselleiro de Política Social de aumentar o persoal de servizos básicos dos concellos é “publicidade e propaganda”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión, na que o goberno “sospeitosamente” aprazou as súas explicacións a “despois das eleccións”.

“Polo momento todo o que teñen é publicidade, concreción ningunha”, espetoulle hoxe a deputada socialista logo de que a directora xeral de Familia e Inclusión Social evitara explicar cómo van cumprir coa promesa do novo conselleiro. Gallego preguntou en van “cómo se vai contratar, para qué servizos, cómo van entrar en funcionamento, de qué recursos disporán e para qué concellos”, sen que a Xunta dixera nada.

Advertiu que a prestación de servizos sociais polos concellos de menos de 20.000 habitantes está en vía morta mentres non se retire a reforma da Lei de Administración Local de Rajoy que lles retirou as competencias e non se resolva o traspaso do Consorcio Galego de Benestar á Axencia Galega de Servizos Sociais. Segundo a Lei este proceso debera producirse o 1 de xaneiro de 2016 “sen que ata o momento ninguén poida dicir cómo se vai facer”.

Polo momento, sinalou, estes concellos non poden contratar nin incluír nas relacións de persoal a persoas relacionadas cos servizos sociais porque os interventores e secretarios advirten que vai contra a Lei que lle retira as competencias en materia de Servizos Sociais aos concellos de menos de 20.000 habitantes.

A deputada socialista lembrou que a drástica política de recortes do PP, que reduciu un 65 por cento os fondos para o Plan Concertado dende 2011, “afondou máis na mala situación de milleiros de familias galegas que viven ao borde da miseria”. Puntualizou que o incremento do 20 por cento nas partidas de inclusión débese precisamente ao incremento das persoas en risco de pobreza, polo que apenas chega ao 30 por cento dos fogares en risco.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar