O anteproxecto de Lei do Deporte non garante o dereito á práctica deportiva, nin ao deporte base e en idade escolar

O anteproxecto de Lei do Deporte non garante o dereito á práctica deportiva, nin ao deporte base e en idade escolar

O anteproxecto de Lei do Deporte non garante o dereito á práctica deportiva, nin ao deporte base e en idade escolar

A portavoz de Deporte do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Acuña defendeu, na Comisión, 5º, á emenda do PSdeG á totalidade ao anteproxecto da Lei do Deporte de Galicia.

Acuña criticou a posibilidade perdida de chegar a un texto de consenso por parte do Goberno de Feijoo”. Dixo que o texto do PP “eludiu todo compromiso” nesta nova lei co deporte. Critica ademais que so serve para regular e castigar a violencia e a dopaxe.

Sinala que Galicia precisa unha lei moderna, comprometida, que resolva os problemas mais inmediatos e incluso futuros, que ampare aos axentes do deporte, xunto coa actividade física dos cidadáns e ordene o papel das diferentes administracións. Pero lamentou “desgraciadamente nada de isto se consigue con este texto”.

A deputada afirma que das 175 emendas polo PSdeG-PSOE, o PP so aceptou 16, 18 foron transacionadas, e foron rexeitadas 136 emendas. Denunciou ademais que foron rexeitadas tódalas iniciativas que buscaban mellorar a seguridade e a sanidade da practica deportiva todas, as que trataban de regular aos profesionais e o deporte escolar ou de base. Ademais das que incidían na igualdade no deporte tanto no relativo o xénero como na discapacidade .

Advirte que realizaron unha lei “de costas ao Plan de Galicia Saudable que acaban de presentar en sede parlamentaria, menuda coherencia”, insistiu.

Rexistro de profesionais do deporte

Tamén aludiu o rexeitamento da creación do Rexistro de profesionais do deporte, que considerou como “imprescindible”. Demandou ademais a incorporación da muller a tódolos eidos deportivos. Asegura que o único compromiso de Feijoo coa igualdade en Galicia “solo pasa por sacarse unha foto”.

Acuña tamén demandou a modificación desas Comisións Galegas que pretenden crear tanto a de Prevención e represión da dopaxe como a de violencia no deporte, por outras onde se trate un concepto mais amplo. Dixo que un compromiso ca saúde, tanto na practica da actividade física, como na deportiva, e un compromiso tamén mais explícito ca ética e a educación en valores e non so ca violencia. Denuncian non comprender tampouco o rexeitamento da creación dun Plan estratéxico xeral do deporte galego “como xa aparece noutras leis modernas”.

E esixiu tamén aproveitando a oportunidade desta lei “a supresión da Fundación Deporte Galego, xa que é necesario o que se esta afacer dende ela que asuma esas funcións directamente a administración, e senón para que se quere”, insistiu.

Non contenta a ninguén

Afirma que este proxecto non contenta a ninguén do mundo do deporte galego nin aos deportistas, nin ás asociacións, nin aos profesionais, nin tampouco aos grupos políticos da oposición , e ademais segue sen cumprir as necesidades deportivas da cidadanía”. Desaparece na nova lei todo compromiso da administración autonómica desprazando as obrigas aos concellos e incluso o propio tecido asociativo deportivo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar