O almacenamento de psiquiátricos en xeriátricos sen medios, probable causa do falecemento dunha doente en Mondoñedo

O almacenamento de psiquiátricos en xeriátricos sen medios, probable causa do falecemento dunha doente en Mondoñedo

O almacenamento de psiquiátricos en xeriátricos sen medios, probable causa do falecemento dunha doente en Mondoñedo

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, apuntou hoxe ao ingreso dunha paciente psiquiátrica nun centro xeriátrico sen medios por parte da Xunta como detonante do seu falecemento hai agora dous anos e recentemente denunciado pola familia. Acuña presentou unha proposta na Comisión de Sanidade coas demandas do Movemento Galego de Saúde Mental para prever estes casos, que foi rexeitada polo PP.

A deputada socialista dixo que “a almacenaxe de enfermos psiquiátricos” en centros sen dotación nin cualificación está detrás deste “suicidio, e non sei se asasinato, dunha doente ingresada na residencia de Mondoñedo” provocando o seu atragoamento. Lembrou que este tipo de suicidios son frecuentes e predicibles en casos como o daquela paciente, de acordo cos expertos en saúde mental.

Alertou da “posibilidade de que se produzan máis situacións” deste tipo pola decisión do goberno galego de trasladar a enfermos mentais a xeriátricos, e denunciou a situación do Hospital Nicolás Pena onde a pesar de ter mais de 50 pacientes ingresados, carece de medico de garda pola noite.

Sinalou que “é o único hospital do mundo sen médico de garda”, e advertiu que “non se trata de enfermos comúns” e lembrou as “implicacións xurídicas”de moitos deles que xustificaría o seu seguimento.

Criticou a falla de sensibilidade demostrada polo portavoz do PP ao subliñar que a familia da paciente teña tardado dous anos en decidirse a denunciar o suceso, e advertiu que “a lo mellor a culpa vai ser agora da familia desta señora”.

A deputada socialista presentou na Comisión de Sanidade as demandas do Movemento Galego de Saúde Mental, que reclama plans periódicos de inspección nas residencias da terceira idade onde foran trasladados enfermos psiquiátricos crónicos para garantir que se cumpran os requisitos para o seu tratamento.

Tamén demandou que Inspección Sanitaria realice o seguimento destes enfermos psiquiátricos trasladados a residencias da terceira idade, e a elaboración dun censo e un plan de seguimento daqueles doentes “dinámico, segundo vaia sendo o seu número e necesidades”. As propostas foron vetadas polo PP.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar