O alcalde de Amoeiro, Rafael Villarino, presentou no Tribunal Supremo recurso de casación para que a igrexa pague o IBI

O alcalde de Amoeiro, Rafael Villarino, presentou no Tribunal Supremo recurso de casación para que a igrexa pague o IBI

O alcalde de Amoeiro, Rafael Villarino, presentou no Tribunal Supremo recurso de casación para que a igrexa pague o IBI

O obxectivo do recurso é que o Supremo dite xurisprudencia sobre o pagamento do IBI dos bens da Igrexa

Villarino sostén que "a Igrexa debe contribuír ao igual que o resto de cidadáns"

Seara mostra o respaldo do psdeg-psoe ao alcalde e afirma que "todos os concellos deben ser tratados por igual"

O alcalde de Amoeiro (Ourense), Rafael Rodríguez Villarino, acompañado da secretaria de política institucional do PSdeG-PSOE e deputada por Ourense nas Cortes Laura Seara, presentou no Tribunal Supremo un recurso de casación de interese de Lei para que a igrexa pague o IBI.

Villarino presentou este recurso en representación do Concello de Amoeiro e da Mancomunidade de Concellos Santa Águeda -conformada polos Concellos de Amoeiro, Coles, A Peroxa e Vilamarín- fronte á sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo Un de Ourense que desestimou o recurso de reposición que formulou a Mancomunidade de Concellos de Santa Agueda para que a Igrexa pague o IBI dos predios e rústicas que a Igrexa posúe en Amoeiro.

O alcalde pretende con este recurso "que o Tribunal Supremo dite xurisprudencia para que a Igrexa pague o IBI en todos os concellos" e "evitar, como está a suceder, que se diten sentenzas contraditorias nos diferentes concellos". Neste sentido, hai que recordar que o Xulgado do Contencioso ditou sentenza negativa para o Concello de Amoeiro pero, non obstante, se ditou sentenza a favor do Concello de Allariz para que a Igrexa pague o IBI no devandito concello.

Villarino recordou que existe acordo unánime da Mancomunidade de Santa Águeda -con dous concellos do PP e dous concellos do PSOE- para que a igrexa pague o IBI dos bens da súa propiedade que non están dedicados ao culto e, polo tanto, non están exentos de IBI polos acordos Estado-Santa Sé de 1979.

"A Igrexa debe contribuír co pagamento do seu IBI ao igual que o resto de cidadáns en todos os concellos" -sinalou. No caso de Amoeiro, apuntou que a Igrexa tería que pagar ao Concello en concepto de IBI uns 1.500 euros.

Pola súa banda, Laura Seara mostrou o apoio do psdeg-psoe ao alcalde de Amoeiro e á Mancomunidade de Santa Águeda e asegurou que "a lei é clara e a Igrexa ten que pagar o IBI polos bens da súa propiedade que non están dedicados ao culto".

Así mesmo, Seara afirmou que "todos os concellos teñen que ser tratados por igual pola xustiza e a Igrexa debe ser tratada tamén por igual en todos os concellos".

Do mesmo modo, a secretaria de política institucional do psdeg-psoe destacou "a valentía e a acción decidida do alcalde de Amoeiro, ao ser o seu un dos concellos pioneiros para que a Igrexa cumpra coas súas obrigas tributarias, máxime en momentos como estes nos que a Igrexa debese dar exemplo".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar