O acordo para a reforma da CRTVG supón "un gran paso para a independencia dos medios públicos"

O acordo para a reforma da CRTVG supón "un gran paso para a independencia dos medios públicos"

Os deputados do Grupo Parlamentario Socialistas membros da Ponencia para a reforma da CRTVG, Xoaquin Fernandez Leiceaga e Jose Manuel Lage Tuñas, amosaron a súa satisfacción polo acordo acadado no Parlamento para a reforma deste ente.

Leiceaga e Lage Tuñas anunciaron que “hai acordo pleno”, no texto.

Lage Tuñas asegurou que “hoxe un día grande para a Historia da Autonomía de Galicia” e lembrou que 27 anos despois os principais partidos políticos de Galicia puxéronse de acordo para facer unha reforma que dota de independencia aos medios públicos da nosa Comunidade do poder político. Ademais subliñou que reforza o papel da CRTVG para a normalización e a defensa da lingua galega.

O deputado do PSdeG dixo que con esta reforma “danse respostas as necesidades de maior transparencia, compromiso social e tamén para facer da Compañía da CRTVG un medio moderno que permita afrontar os retos tecnolóxicos do presente e do futuro”.

Subliñou ademais que se conqueriu “cun consenso amplo”. Nese senso enviou unha mensaxe ao Grupo Parlamentario do BNG “gustaríanos que estiveran neste acordo, pero ata o momento non foi posible”. E insistiu “non renunciamos a seducilos”, xa que lembra que “un 80% do texto asinado hoxe no Parlamento tamén foi elaborado por eles no seo desta ponencia conxunta”.

Lage afirmou que é unha Lei que representa a inmensa maioría dos galegos e das galegas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar